jueves, julio 08, 2010

Se Darwin tivese ebooks!


Pola nosa leira aínda andamos coas bibliotecas do NON, con límites de exemplares e prazos de préstamos totalmente ridículos. Entrar cun refresco ou un bocadillo é motivo de escándalo e expulsión. Os famosos CRAIS foron unha teoría estupenda, achegábanse moito ao panorama do que fala Robert Thomas, mais teño visto cero espazos deste tipo na nosa contorna. Polo que observo, os usuarios, tanto o profesorado como os estudantes coñecen unha mínima parte dos costosísimos recursos con que conta a biblioteca. Xs responsables concentráronse só na satisfación dun usuario que sinxelamente xa non existe. As salas de estudo, son agora espazos semibaleiros poboados por clientes imaxinarios. Os libros impresos durmen o soño dos xustos nos anaqueis e os dixitais de momento non os albicamos por ningures. O persoal bibliotecario, sempre manifestamente preocupado por actualizarse e ofrecer un servizo de altísima calidade cumpre regulamentos e procedementos, e instruccións e tarefas, e cumprimenta follas de non conformidades e tamén de suxestións e de reclamacións, cada unha no seu formulario deseñado ad hoc...e eu a min véñenseme á cabeza as verbas de Bartleby ¿lembras?

Las especies que sobreviven non son las especies más fuertes ni las más inteligentes, sino las que se adaptan mejor a los cambios. Ch. Darwin.

2 comentarios:

Sigrid dijo...

Magnífico post. Eu engadiría algunhas cousas. Mentres non haxa un traballo conxunto entre bibliotecarios e profesores, o que é o espíritu dos CRAis non ten sentido. Comentaba eu agora en Fb, a partires deste post, que teño a experiencia de dar cursos de formación de usuarios ó profesorado. E incrible que moitos deles non valoren, en absoluto, a formación. Polo tanto, non poden transmitir esa valoración da función divulgadora da biblioteca ós seus alumnos. Os comentarios do tipo "eu non podo perder tempo en cursos de formación" por parte dalgún reputado profesor, ponme os pelos de punta. E determina a valoración que moitos deles teñen tanto da biblioteca como de nós. Insisto, e perdón polo plasta que xa sabes que son eu con isto, mentres non teñamos traballo conxunto, rien de rien.

Ana Bande dijo...

tas de coña princesa ¿traballo conxunto cos docentes? mentres non rebente outra burbulla que eu me sei non haberá tal por moito que diga Bolonia. Os docentes...primeiro que fichen como tododiós (falaremos disto) que xa está ben de dar palos al agua a 3000 euros (non todos, non todos, que tamén o hai mileuristas) mes (e que perdoen as honrosísimas excepcións) e logo de que se presenten e permanezan no seu traballo falaremos do governo, homenón. Bico princesa, menos mal que hai alguén coma aí do outro lado que se non quedo rouca.