miércoles, julio 07, 2010

veña vai...falemos de fúrbol...siiiiiiiiiiiiii.........

de furbol si ou non, ou de se a vermella me sabe a bertorella (sic), de alienación? buf...noooooonnnn, ¿de patriotismo testicular? ¡juá! ¡sorry Alatriste! esas verbas eran para ti ¿non?, este R.Reig e que eche a h..., ¿de discursos rancios disfrazados de populismo de mercadillo? ¡quita! ¡quita!, ¿do doadísimo que é ir de estupendo propoñendo pasar a tarde da seminifal lendo ao abeiro dun carballo a última de VM? (perdón, perdón, Enrique)...non...eu só quería aproveitar a ocasión do día D para dicir que non estaría nada mal recoñecer a deliciosa sensación de participar deste desbarre masivo que é moito máis que un deporte. (ejem...) .Na biblioteca temos un dicionario do fútbol con ¡máis de 4000 entradas!. No número de xullo/agosto da Revista de Occidente hai senlleiros artigos de fútbol de Vicente Verdú, González Quirós, Armas Marcelo e Arias Maldonado xunto con reflexión sobre a obra de Chéjov, Shakespeare e Bioy/Borges. Así que o de desprestixiar a este deporte non é só que esté demodée, senón que non é nada pero que nada culto. En serio, eu vou ir a Castrelos e ata penso mercar unha vuvucela desas, pero non por adiantarme a moda ningunha, non por "abanderado" patriotismo, nin sequera porque me guste o fútbol e o entenda ben (levan anos intentando explicarme o fóra de xogo e non hai xeito, xúroo), vou ir porque preciso desa catarse colectiva e tamén porque alí no fondo ata quero que gañe España só por chincar a amiga Heike. E como este bló seica vai de libros pois iso...
P.D. ¡ostras! na páx. 222 ven toda a explicación do fóra de xogo e ata o ¡fóra de xogo posicional! ¡melokedo!

1 comentario:

Zeltia dijo...

Canto me gustou ler aquí o que eu pensaba!
(síntome menos soa coas miñas contradiccións)

:)