
A vulgaridade é unha conquista do progreso e a copia ven sendo, polo menos dende Gutenberg un dos síntomas máis recoñecibles de que se está ao día. As intelixencias máis sobranceiras do noso entorno cultural xa recoñeceron e aceptaron, incluso reivindicaron como arte tamén aquel que perdeu a virxinidade, quero dicir, a autenticidade, ou, para falar como unha auténtica letrada, a aura. Pero unha cousa é esta perda de valor do único e orixinal e outra ben distinta o feito de presentar como propio algo que non é noso. Como diría Millás, se eu me chamase Juan Carlos Mejuto tampouco me cortaría en recortar un artigo dun chinés (nestes tempos non haberá moitos que lean literatura científica) para pegalo nunha prestixiosa revista americana de química, porque ata Napoleón se cría por veces emperador ¿ou non? Pero o que a min me pasa é que atopo demasiad
3 comentarios:
A risco de que se me tache de corporativista, igualar o caso de Karl Theodor zu Guttenberg e o do ex-decano de ciencias da uvigo non é o mesmo. No caso do ex-ministro de defensa alemá, parte da súa investigación estaba calcada, é dicir, a cerne das súa tese estaba literalmente tirada doutro lado. Ademais, de zu Guttenberg sospeitase de que tivo un 'negro' que lle fixo o traballo. No caso do equipo de Mejuto hai unha diferenza abismal. O que trincou foi a parte inicial de contextualización da investigación (onde está a miña investigación?). Que por isto merece ser penalizado, por suposto. Pero a parte que non se comenta é que groso do artigo, é dicir, a parte da investigación dun novo método de medición é totalmente orixinal. A diferenza radica aí. Poñelos no mesmo saco, creo que non é xusto
unha vergoña, amigo Gabriel, mirese por onde se mire, polo menos cos datos dos que se dispón de todo isto que son os que saen na prensa, e se é así coma ti dis, enriba de vergoñento, ridículo, xa de copiar copiar con xeito ¿que só "trincou a parte inicial de contextualización"? perdoa, pero como diría o propio M. iso sería como "meter só a puntiña", e falo de oídas, do que contan os que o escoitan, pero en todo caso o post non era para falar dese individuo en concreto, só faltaba darlle pulo, eu falaba do penoso que é isto de copiar así sen cortarse un pelo...
Unha leve matización semántica das miñas palabras. Eu non dixen: "¿que só "trincou a parte inicial de contextualización"?". Dixen: "O que trincou foi a parte inicial de contextualización da investigación (onde está a miña investigación?). Que por isto merece ser penalizado, por suposto." Un matiz o de "só" que eu no engadín ;-))
Publicar un comentario