viernes, febrero 24, 2012

Nada, Janne Teller




"Nada", é unha experiencia literaria que, tendo pouco de orixinal, acada o nada despreciable mérito de amorear lectores. Non sei se o feito de ter sido unha lectura prohibida (só un pouco antes ser declarala obrigatoria) fixo deste libro un éxito de vendas. En todo caso é un texto que deixa pegada para moito tempo, malia ese déficit de orixinalidade no relativo a unha temática, a adolescencia, que xa a literatura tratou dende este mesmo posicionamento dramático que xorde da recurrida fórmula de mesturar a inocencia duns nenos que no tránsito de deixar de selo vanse adobiando coa perversidade que se lle supón ao adulto. Todo moi, moi discutible. Ata o mesmo concepto de adolescencia, que, ás veces imaxino como un xénero inventado por profesións que non teñen currículo abondo. Coa sensación de inxenua perversidade xa nos tiña desacougado para a fin dos tempos o señor W.Golden. Pero con todo, eu viñen aquí para falar ben deste libro. Primeiro porque é unha recomendación de calidade. Se A. e Ch. con toda a súa experiencia docente e investigadora non foron inmunes ás tronadas de Pierre Anthon, con todo o cinismo e/ou demoledor nihilismo que guinda dende a póla da ameixeira contra os seus ¿inxenuos? compañeiros de curso, é que algo se agocha entre a aparente simplicidade dos diálogos que conforman esta morea de significado. En segundo termo, considero que é un libro que reprantexa cuestións moi interesantes dende ópticas completamente diferentes. E iso sempre é bo. O de remover conciencias, digo. Por exemplo, apeteceume logo da lectura reflexionar sobre o tratamiento da adolescencia en la literatura. E dado que a miña memoria é tan incriblemente menguante coma aquel home da película, botei man do máis recente, dous textos grandiosos: A Proba, de C. Aira e Jakob Von Guten de R. Walser. Agora entenderedes mellor por que falei ao principio dese déficit literario. Efectivamente, hay textos dunha beleza imposible de acadar para quen conciba a arte na escrita como unha profesión. Nesto non teño dúbidas, por moito que pense en Dostoyevski. E desta reflexión pasei a valorar a posibilidade de reconstruir, dende a idade adulta a imaxinería simbólica do adolescente. ¿canta verdade sacrifica o escritor no altar da ficción? ou por dicilo doutro xeito ¿como retirar a deliberada capa de ficción que todo adulto constrúe na hora de recrear arquetipos adolescentes? e, como dixen, ¿existe en realidade a adolescencia ou é un constructo que funciona a xeito de placebo para enfrortármonos a comportamentos que por primeira vez resultan altamente perigosos por esa mestura explosiva de inxenuidade e necesidade de placer? ¿non nos estamos ocultando que ese "adolecer", esa carencia de significados é unha ameaza latente fronte á que interpoñemos o rito de toda unha cadea de multidisciplinariedades tan eficaces coma cualqueira relixión? e podíamos seguir así, con cuestións de alto calado moral na lectura deste "sinxelo" texto, pero tamén podemos, coa astuta malicia que otorga a idade, albiscar un premeditado producto de asegurado éxito comercial. Os ingredientes non son descoñecidos, unha boa presa de habilidade literaria para convertir a banalidad do mal en literatura. E por seguir pensando, ¿prohibir esta lectura para convertila logo en obrigatoria non é acaso a proba máis palpable da perigosa seguridade con que actúan os personajes adolescentes?, e aínda outra cuestión ¿por qué non debater sobre os males que supón a subrogación da realidad á ficción? Se a conxunción violencia/adolescencia resulta tan efectiva na literatura ¿por que non o é cando ocupa portadas de xornais? e podería seguir interrogándome ata a carta de axuste, seguide se queredes vós....

No hay comentarios: