miércoles, febrero 22, 2012

Se foses illa...

Para Lud.

Se foses unha illa, serías unha posibilidade, pero podo albiscar o teu sorriso nunha das infinitas partículas que forman a escuma dunha soa onda, xusto a que ollaba o monxe de Friedrich. Se te imaxino como un libro non podes ser outro que aquel códice/botella que gardan os Mequitaristas de San Lázaro dos Armenios. Pero ben podías ser unha obra de enxeñería, e entón serías a primeira fiestra de Villa Savoye, ou o primeiro pilote que debuxou o artista que se decatou do imprescindibilidade da contorna como elemento arquitectónico. Podo ollar o abrente das ideas que non precisas nomear porque son a xénese da lóxica máis felizmente demoledora. E tamén te imaxino coma unha anomalía que non precisa xustificación ningunha porque lle sabe o truco á ansia de perfección. Non sei ata que punto teño dereito a abraiarme diante túa, se servise de algo recoñer certa inxenuidade faría o ridículo, aínda que nunca amosarías terte decatado. Non sei, L. non sei se ese mundo propio que tiveches que construir foi un agasallo ou un castigo, pero o certo é que a súa luminosidade fai esvaecer calquera ameaza de inseguridade e abandono. És unha posibilidade, L., por iso mesmo és unha illa.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Grazas por este agasallo "existencial".Grazas por compartir as túas reflexións, pola túa sensibilidade, pola túa presenza...
Tes unha capacidade abraiante para comunicar e observar ao mesmo tempo e despois transformas todo iso creando beleza na escritura. L.

crispavon dijo...

Grazas por volver, e máis deste xeito.
bico grande!