Se Time pode decidir quen é o home do ano -das mulleres adoita esquecerce, non lles compensan na portada tan seria de Time porque non as van poñer en bragas- o trabello do ano, o invento do século ou a glaciación do milenio tamén pode suxerir cuestións coma esta. De acordo. Acabo de cargarme ao mensaxeiro. Rectifico. ¿pode google liberarnos da morte? ¿que vos parece? Resucito ao mensaxeiro. ¡que boa pregunta! ¿que cousa terrible se agocha baixo a deliberada inocencia das cores parchís desto que hai uns anos era unha inocentiña ferramenta de procura de información nunha web en plena adolescencia? ¡canto mudaron as cousas! ¿non si? deixamos crecer á rapaza -á web- sen levala a colexio ningún porque non cremos na existencia do lobo feroz. E ademáis era tan preciosa esa fraga que medraba vizosa sen que ninguén traballara a leira....E velaquí que veu o anxo, o santo como agora chaman ao trebello, a liberarnos das nosas cuitas...e deixámolo medrar, arredámonos decote para non amoucar ao meniño que ía redimirnos de todas as nosas eivas, pobriños mortais que perdemos séculos memorizando algún que outro soneto ou lista de reis para acadar unha miserable existencia. Que contentísimos estamos de ter un par de xigantes que velen por nós e o fagan tan grasiosamente como se fosen aquelas dádivas dun rei que seica era bastardo....¿a quen tería que matar este sangoogle para acadar o trono con tanta facilidade? esta é unha cuestión moito máis sinxela ¿non si? porque morreron moitos, tanxibles e intanxibles, en acto ou en potencia, materia e espíritu, non natos incluso que abandonaron o seu proxecto de ser por problemas respiratorios...google o pode todo, pero fai que non o sabe, e nos tamén o sabemos, pero tamén disimulamos, porque senón, ¿a conto de que non mudamos de plataforma? ¿de buscador? ¿de correo electrónico? pero a pregunta está ben...intentade respostar, a min ocórreseme que non é tan difícil darlle un postiño na oficina de patentes de medicamentos, for exampel....boh...ía escribir en serio pero é que mira ti que cousas de poñer nunha portada tamén!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario