miércoles, octubre 22, 2014

Deus emprega todos os camiños

Non digo que teñan que ser todos escrutabeis, acabariamos co misterio, e por ende, co único sostén que explica a existencia das relixións no mundo. Se non tivesemos sufrimento abondo que intercambiar por hostias consagradas (ou non), non habería curas que  vixiar, monxas que protexer nen criaturas que agochar no berce ata a idade en que poidan levar pistola. O derradeiro caso de aberracións da débil carne o temos ao noso carón, nunha nada sospeitosa edificación na estrada de Baiona. Que era sabido da tanta vergoña dicilo coma noxo velo na prensa con tantos anos de retraso. Hai tempo que me contaron dunha amiga dunha amiga que desaparecera sen máis logo de xubilarse. Chegábanlle cartas ao choio e non había xeito de dar con ela. Ata que un día unha amiga doutra amiga cicais, dixo que marchara para unha especie de residencia. Que lle entregara a pensión ao propietario do choio a cambio, supoño eu, de coidados e compañía. O que máis me alarmara da cousa fora que tamén o fillo, enxeneiro dicían, tamén abandonara todo para meterse nesa casa. Non podía crelo e comenteino con moita xente. Teño esa estúpida necesidade cando me atopo imbécil de máis cando algo me sorpende. E así coñecín máis datos. Seica o tipiño que dirixía a orde tiña unhas cantas redes de herboristerías en Vigo onde se supón que captou aos futuros penitentes. Contáronme os típicos casos de xente que entrara por valeriana e saíra con cen euros meno
s no peto e algunha consolación que podía materializarse a futuros cun simple acto de xenuflexión perante a cruz. Coñecín tamén o asunto do coro co que este delicioso rabaño amenizaba os actos relixiosos da comarca. Busqueinos na rede. Cada vez me sentía máis imbécil por incrédula. ¿como podía ser que esta pandilla de enaxenados disfrazados con hábitos que semellaban feitos cos refugallos do traxe de supermán fosen tomados en serio? A igrexa católica está perdendo a vergoña dende o que picou o primeiro pardillo cos costos daquela tribo asiática, pero unha non deixa de esgazar os vestidos para asegurarse da existencia do demo, que nos arrede da necesidade de purificación. Aí o tiña ben coidado e mantido a igrexa católica a este elixido do noso señor, que seica violaba en arameo dicindo que era o arcanxo o que falaba e facía por el. De todo o cotarro o que me interesa máis non é a doada e morbosa escatoloxía que se desprende do asunto. Interésame saber por que non se entra a saco dunha vez por todas nos conventos, seminarios, internados e sedes de congregacións coma se fosen caixas de aforros ou entidades recentemente nacionalizadas sospeitosas de tráfico de tarxetas con hábito ou curas blackcard sen límite de vicio. Confío en que a amiga da amiga non perdese a pensión nin a cabeza, e confío tamén en que a valeriana só se poida vender no Eroski. 
Un bo antídoto contra a febleza mental. "Por qué creemos en cosas raras", Michael Shermer.

7 comentarios:

Voz en off dijo...

Eu nunca souben disto tanto coma ti. Pero sempre me alucinou o raros que eran e o protexidos que estaban. Cantándolle ó Papa, controlando nas procesións. Parece que calquera psicópata se pode colar na relixión.

Iago dijo...

Ana tengo bombazo para el blog. El Obispo de Tui, cuando apartó a Rosendo, aplicó un artículo del Derecho Canónigo que dice que él tiene la obligación de nombrar a un vicario episcopal para el caso. Comon tu bien sabes se celebró una rueda de prensa en Moaña. Uno de los que intervino fue el presidente de la Adoración Nocturna de Tui-Vigo, al tener una hija de 35 años sometida en este "edén". Y por lo que sé el padre de un amigo mío iba a "comprar hierbas" a la tienda que Rosendo tenía en El Calvario cada semana. Ahora comprendo cómo empezó toda esta historia.

Iago dijo...

Recuerda que el Obispo es el juez de primera instancia en la Iglesia Diocesana, pero aquí hay delitos penales civiles

Iago dijo...

Y muchos fieles del Opus Dei, denunciaron que sus hijas sometidas en el "edén", denunciaron abusos sexuales por parte de Rosendo.

Ana Bande dijo...

Pues nada Iago, fas unha redacción con todos os datos de que dispós e poñémola aquí. Ti es unha fonte ben informada e totalmente obxectiva porque sei que és unha persoa moi implicada cos asuntos relixiosos e non tes interese ningún en perxudicar ao clero senón todo o contrario, grazas pola información.

Iago dijo...

BOMBAZO ANA : HOY 22 DE DICIEMBRE EL SR OBISPO DE TUI- VIGO Y EL NUNCIO DE SU SANTIDAD EN ESPAÑA HAN DISUELTO DE FORMA DEFINITIVA LA ASOCIACIÓN ORDEN Y MANDATO DE SAN MIGUEL ARCÁNGEL. VAS A PODER VOLVER A VER A TU AMIGA. PÁSAME DE NUEVO TU CORREO QUE ESTOY HACIENDO LA REDACCIÓN Y PERDÍ TU CUENTA AL CAMBIARME YO DE CUENTA

Anónimo dijo...

¿Pero entonces sois creyentes o no lo sois?
Este tema y asunto del que conozco bien a sus elementos da para mucho, aunque no sé si hablar del asunto si sois creyentes; sería muy peliagudo
Saludos