domingo, octubre 14, 2007

Steven Pinker, Theo Jansen, (et. al.) nas TED TALKS

Hai moi pouco que sei da existencia de las conferencias TED (Techonology, Entertainment and Design). Un foro para compartir e discutir ideas cos que están na vangarda nos seus campos de investigación. Estes ciclos duran catro días e asisten unhas mil persoas que pagan sobre 6000 $. Din que este é o único evento no que a audiencia é tan, ou máis impresionante que os expositores. Os vídeos están dispoñibles no You Tube e tamén se poden cargar dende a páxina da Fundación directamente. Elixo os de Steven Pinker e o de Theo Jansen, o das esculturas animadas dos que vos falei hai pouco. Non o perdades.

Theo Jansen


Steve Pinker


Steven Pinker é un psicólogo evolucionista, mundialmente famoso polas súas obras The Language Instinct (1994) [trad. esp. El instinto del lenguaje: cómo crea el lenguaje la mente. Alianza], How the Mind Works (1997) [trad. esp. Cómo funciona la mente. Destino, 2007], Words and Rules: The Ingredients of Language (1999), The Blank Slate: The Modern Denial of Human Nature (2002) [Trad. esp. La tabla rasa. La negación moderna de la naturaleza humana. Paidós Ibérica,2003].

S.Pinker en la Wiki, digilicious

6 comentarios:

NikitoNipongo dijo...

Moi moi interesante, estou flipando co Theo Jansen. Grazas pola información.

apicultor dijo...

Deses libros que cita de Pinker, cal sería o máis recomendable para un profano coma min? Porque desde logo teñen boa pinta.

Un saúdo.

Ana Bande dijo...

Eu recomendaríalle "Como funciona la mente", témolo na biblioteca de Filoloxía e Tradución. Apertas.

apicultor dijo...

Moitas grazas pola recomendación.

Así de paso a ver se me entero de como funciona a miña (partamos da misericordiosa hipótese de que, a pesar dos pesares, a miña tamén funciona).

Un saúdo.

Angie dijo...

Hello dear Ana,

Your blog is amazing ! Wow! So many interesting stuff to read and to learn.
Congratulations for it and keep it up!
I'm not really good at galego , sorry :)
I would like to read any of Steven Pinker works. I'm still watching his video and it's really thought provoking. See you soon Ana :)

Ana Bande dijo...

Hei Angie! thanks for your words. You are very kind, and, sorry, my english is very very poor...
Do you like Steve Pinker? Ok. In the next meeting I´ll give you a book very interesant. Il like it too.
I know, is difficult for you to read my blog, thanks for visit me, here is your home.
Kisses.