martes, octubre 02, 2007

Dalí, ilustrador

Hai uns días que me persegue Dalí ilustrador. Ás veces o azar ten estas cousas, de socato repítense pensamentos, soños e ata situacións. Unha obra da que non deberiamos alonxarnos moito son os Ensaios de Montaige; é un deses libros que conteñen tódolos libros, como diría Borges. O mesmo que a Odisea, o Quixote, o Fausto e case todo Shakespeare. Na procura de exemplares de Montaigne din con esta alfaia. Unha fermosísima edición dos Ensaios ilustrada polo mestre do surrealismo. Tiven ademáis a sorte de atopar este exemplar na biblioteca na que traballo polo que podo disfrutar desta beleza.

En Vigo podemos agora admirar as preciosas xilografías que fixo para ilustrar a Divina Comedia. Compensa a visita e mercar o catálogo se és un incondicional deste xenio. As malas linguas fártanse de lembrarnos que Dalí non leu a obra de Dante pero atopo no texto do catálogo que foi precisamente él nunha das súas famosas "intervencións" o autor destas provocativa afirmación.

¡canto botamos de menos a tantos xenios!


O último encontro co xenio foi lendo o post de Marcos Taracido no seu impresionante LibroDeNotas, un impagable espazo que escolma para todos nós o máis interesante da rede. Aquí volveu aparecer Salvador Dalí, desta vez viña a conto porque seica se deixou inspirar polos Cantos de Maldodor, do Conde de Lautréamont, un dos raros dos que fala o post.

No hay comentarios: