[Para Noemí. Non é doado ter unha amiga así. Coñecímonos nun curso de alemán e quedei rendida aos seus pés, é unha desas poucas persoas das que che gusta presumir que coñeces, unha enxeñeira cunha intelixencia só comparable ao seu colosal corazón, unha desas mulleres ás que che gustaría ver dirixindo o país...o mundo, en fin, que te quero un montón]
O semanario Time ven de publicar no seu derradeiro número unha extensa reportaxe sobre personalidades que destacan pola súa defensa do medio ambiente. Na lista de "heroes do medio ambiente" figuran personaxes ben coñecidas como Mikhail Gorbachev, Angela Merkel, ¡Robert Redford!, Charles (The Prince), David Attenborough, James Lovelock, e por suposto Al Gore. Cando quixen saber máis datos sobre os resto dos "heroes" - Tim Flannery, Benjamin Kahn, Karl Ammann, Hammer Simwinga, Amory B.Lovins, Shi Zhengrong, Lee Myung Bak, Tommy Remengesau Jr., José Goldemberg, David Suzuki, Barnabas Suebu, Frederic Hauge, Wang Canfa, Von Hernandez- a rede foi moi xenerosa, non así no caso das "heroinas", Christine Loh, Olga Tsepilova, Janine Benyus, agás que sexan premio nobel como Wangari Maathai.
1 comentario:
curioso, nonsí?
Publicar un comentario