lunes, octubre 22, 2007

Temarios de bibliotecas para oposicións.

Dado que moitos amigos e coñecidos andades a preparar oposicións para bibliotecas e me estades a pedir axuda, aquí vos deixo algunhas ligazóns onde podedes atopar material publicado na rede.

Zaguan 2000. Rosario López de Prado. É un directorio de recursos para aspirantes a bibliotecas e documentaicón. Non está moi actualidado xa que é do 2001.
BibliOpos. Mi oposición a bibliotecas.
Temario de oposicones. Biblioteca de Traducción y Documentación da Universidade de Salamanca.
Temario de Biblioteconomía de José Antonio Gómez Hernández.
Recursos en Absynet.com
Temario da Oposición a arquivos e bibliotecas de Eugenio Tardón (1998)
Teka-Teka. Apuntes da Diplomatura de Biblioteconomía e Licenciatura de Documentación da Universidade Complutense.
Universidade Carlos III. Apuntes, traballos e exames (2005).
Universidade de Salamanca. Apuntes da Diplomatura de Biblioteconomía e Documentación.
Universidade de Valencia. Apuntes de Biblioteconomía.

A Universidade de Santiago publicou no seu día un temario para o acceso ás prazas de Auxiliar de Biblioteca, agora non o atopo na súa páxina pero seguro que o teñen publicado na súa intranet.
A Universidade da Coruña tamén ten un temario de Axudantes de biblioteca. Tamén había na rede hai tempo un temario moi completo nunha páxina que se chamaba Bradomín, pero creo que xa non está dispoñible.

¡SORTE A TODOS!

3 comentarios:

aspiranteabibliotecario dijo...

Moitas grazas pola túa xenerosidade, e abudando un pouco ¿como podo conseguir eses temarios de Santiago e Coruña?

Ana Bande dijo...

Eu teño unha copia en papel e coido que tamén en Pdf. Escribeme un correo a ambb@uvigo.es e cho mando.

Xavier dijo...

Bom dia,
Que pasou coa ligazón da Universidade de Valencia? Alguén ten a información?