lunes, junio 30, 2008

Bob Dylan in Vigo

Xa os seareiros de honra fixeron as súas impagables crónicas e tamén as plumas máis asépticas deixaron pegada do evento. Unha Voz que non semella galega, tivo, por forza, que asistir a outro concerto. Ao mellor non distinguimos agora a Dylan Band da París de Oza. De cara, de costas, axeonllado ou en decúbito supino o pai de tanta e boa música non defraudou a ninguén dos que alí estivemos. Imposible. E eu son neodylaniana confesa. A. dicía que era como escoitar a un daqueles predicadores dos tempos dos primeiros bluesman, R.R. que mesmo tiña gañas de porse a escribir, e eu cos meus anteollos antediluvianos tratando de reter unhas imaxes para acompañar a esa música que sabía que ía quedar a vivir comigo. Alma quixera ter escoitado algúns temás máis coñecidos mais esas dúas horas de música de seguro que lle procurarán moitísimos momentos de felicidade na súa vida. A min, particularmente engaioloume a voz rota e a forza do batería, baixo, banjo, contrabaixo, guitarras e violín. Ou sexa, todo, amigos.

7 comentarios:

Lula Fortune dijo...

OH! yeah!

De la Highway 61 dijo...

Pero estabas alí, Ana?

Ana Bande dijo...

......yeah...yeah...yean...leileidilei....la....la...YES FRIEND, ¿AN LLU jaiGUEI? Bobby prejuntou por vostede e non ei que me daba dicirlle que quedara no concerto do Puma....leileidilei....uf! quedei trastornadiñadetodo....A p e r t a s!!!!!!!!!!!

canceleiro dijo...

Moi bo concerto de Mr Dylan!!!! Rematei a noite bailando a Dylan no Tony´s Guitar, esa sí que é unha experiencia!!!!

Ana Bande dijo...

¿O Tony ese é o famoso Toni da Rúa Doutor Cadaval?...agora lembrei a rúa, Arume. Hai que ir por alí, é un local...¿underground?

canceleiro dijo...

Sí, Ana, ese é o Tony, ¿underground? Eu non sabería como denominalo, levaba anos querendo ir polos comentarios da xente e o día do concerto fun por primeira vez. A verdade e que vale a pena, non debe haber outro igual no mundo. Dise que é o pub máis antigo da nosa cidade.

De la Highway 61 dijo...

Estiven, efectivamente, no concerto do Puma. Marchaba cara o IFEVI (dise así, non?) xusto cando sae un tipo a bailar o Pavo Real tal que así: http://es.youtube.com/watch?v=UyQ6Pwt-Vqg

(Non sei poñer enlaces. Se é vostede tan amable)

En todo caso comprenderá que Dylan ficara nun segundo plano.