miércoles, octubre 15, 2008

Unha vella carteira....

Foi xa hai uns anos. O xefe coñecía a nosa afeción a rescatar obxectos nas casas vellas. A primeira vez que atopamos documentos "de valor" fóra cando mozos. Colliamos un autobús e iamos de fin de semana pola ruralía. O descubrimento de Pazos de Arenteiro fora unha aventura, tivemos que saír do pobo por pés, inocentes de nós, porque queriamos que un veciño asinase que os papeis vellos que levabamos ían ser depositados convenientemente nun arquivo. Eles pensaron que atoparamos un tesouro e menuda a que montaron. Pero desta vez, o achado foi en pleno centro de Auria. Unha casa boa cun elemento constructivo ben orixinal e que hoxe adorna a finca do xefe. Había de todo, escrituras notariais, tarxetas de visita, fotos antigas, pólizas de seguros, ducias de follas mecanografiadas coas paiasadas daquela Acción Católica á que pertencían as mulleres da victoria...chamáronnos moito a atención as aúreas iniciais que personalizaban a carteira, debía tratarse de alguén "importante", miramos dentro e...to be continued...[en castellano]

10 comentarios:

auriense dijo...

E ¿tiña cartos a carteira? ¿cicais billetes daqueles de peseta?

Lula Fortune dijo...

Sigue, sigue, por deus! co peliculeira que son eu...

Anónimo dijo...

A verdade e que parecese bastante a miña carteira, e xa si non ten cartos,enton vou ver si aínda a teño no bolsillo do cú ou perdina e é esa da foto.

Ana Bande dijo...

anónimo,
non, cartos non tiña, pero sí que había algo moi interesante dentro...
lu,
mira que si é a carteira de Palmiro.
anónimo,
esta da foto leva comigo unhs 6 anos e sabe deus cantos tirada comendo polvo nunha fermosa rúa de Auria onde hai moito tempo se collía o "carrito" (e calo)

Anónimo dijo...

teño o meu carón unha paisana que dí que ela perdeu unha coma esta na vendima pero a min dame que non semella carteira de femina. E rectangular e nejra, parece máisacorde con unha indumentaria de chaqueta con bolsillo interior, garabata e piteao dos anos 40.

Ana Bande dijo...

caliente...caliente!

Raquel López dijo...

¡Es la de Aurelio Ferreiro! La reconozco, ya que cuando era pequeñita venía, este Aurelio, a la farmacia de mi abuela, por aquellas tierras, y como era tan tacaño tardaba ¡minutos! en sacar de esa cartera el billete de cincuenta pesetas. Mi abuela y yo no le quitábamos, a la operación de abrir lentamente la cartera, el ojo de encima. Era la acción de Aurelio todo un ritual. Ah, y antes de abrirla siempre le quitaba con la manga brillo a las iniciales mientras decía "esta sí que é pel de Ubrique".

pomba dijo...

É que foi o que atopache dentro...? Supoño que algo valioso? interesante? alucinante?,sexa ó que sexa supoño que o dirás, non me deixes coa dubida. Fai tempo que sei que tés o Blog, eres moi boa, e sinto admiración por tí. Saudos

Ana Bande dijo...

Raquel,
Síntoo rula, pero non era do teu avó, era dun pariente do...schssss...ese, o que tedes que adiviñar.
pomba,
pois dentro atopei unha cousa cousiña ben curiosa...pero terás que agardar un pouquiño ao próxiom post, vaiche facer graza porque ti debías saber de que se trata ¡grazas polas túas agarimosas verbas! ah!...e ben podías animarte e voar un pouquiño ata aquí e mo dicías en persoa. Bico jordo.

Anónimo dijo...

Deixate de tanta adiviña, e contanos xa o que atopaches. Xa te vale rapariga. Agora mesmo alzo o voo ata outro niño no que me agardan