skip to main |
skip to sidebar
Un salvoconducto
Houbo un tempo no que se precisaba permiso ata para ir de Orense a la región gallega. Non foi no tempo da guerra dos cen anos mais a miseria non sabe de cronoloxías e lugares. Velaquí tedes un curioso documento que apareceu na carteira. Estou máis preto de coñecer ao seu p
ropietario, aínda que dubido moito que poida devolverlla persoalmente. Terei que pensar na súa descendencia, ao mellor agradecen o detalle. De momento recollo pistas e trato de reconstruir unha pequena historia familiar xuntando os vellos papeis que A. recolleu xa hai anos naquela casa fermosa na auriense de Reza. Paco, xa sei onde foi mercada a carteira. Nun dos seus petiños apareceu este selo da xoiería ¡¡¡ ESPINO !!!...menudo chimpo peguei cando o vin. É o negocio dun grandísimo amigo do que moito teño falado xa. Agora gardarei este papeliño dourado coma un tesouro.
[P.D. Solmisación]
3 comentarios:
Mira tí que coincidencia... eu tamén veño de pendurar outro documento da mesma época, pero da trincheira de enfrente e cun leit motiv ben distinto.
Não conhezía das súas afeccións detectivescas, mais xa me ten medio intrigado!
A min, que sou unha IN-ORANTE, os papeis que me veñen á cachola son os da miña avóa que con tanto agarimo e traballo mercara unha SINGER e tiña oso libreto de instruccións e uns vales para recibir leccións de balde gardados entre as súas cousas máis prezadas. Coido que o traqueteo da Singer pensando nas radionovelas debían ser os seus escasos sons de viaxe. Todo un luxo.gnaresa
O negocio da Praza Maior 18 era do pai do meu pai, non meu. Grazas polo tratamento exaxerado.
Publicar un comentario