sábado, octubre 25, 2008

Sconosciuta, Tornatore


Bo acerto de Tornatore, e son moitos, a escolla de Ksenia Rappoport, unha perfecta sconosciuta, para o papel de Irena. Tódolos ingredientes do thriller adobiados cunha banda sonora musical que empurra coitelos e racha feridas que se fixeron para non cicatrizar nunca. A espeluznante actualidade do esclavismo feminino posmoderno que mercadea coa carne máis tenra. Mozas que fuxen dunha pobreza material cegadas polos lóstregos dun paradiso que lles ofrece traballo, cartos, diversión e felicidade de balde. Porque non valen nada. Mulleres que son tamén productos con data fixa de caducidade, coma todos os que ten que fabricar este sistema líquido que se ten que atragoar para non morrer dunha enchenta. Película moi recomendable. Perdónanselle os efectismos propios do thriller.

2 comentarios:

Lula Fortune dijo...

Que merda (con perdón)de cines temos. Cando a fun ver xa a quitaran e non facía tanto tempo que estaba en cartel. Terasme que falar del tomando unhas cañas :)

Ana Bande dijo...

Si, a min pasoume coa peli do patio do cárcere, vina un día programada en ¡sesión matinal! e logo...plas!!! esfumouse.