miércoles, septiembre 16, 2009

Para Víctor

Aprender de contado unha nova lingua, desbotar algúns imperativos, colorear baleiros moi a modo para non invadir liñas, achegarse ao abismo e ollar sen medo as distancias, sentir o novo arrecendo do teu corpo, escoitar atentamente o silencio e berrar aproveitando o balbordo, procurar tempos, disimular cambios, reexplorar paisaxes archicoñecidas, sementar verbas na eira dun soño, recoller froitos fóra de tempo, desatender chamadas inoportunas de prudencias obsoletas, rachar espellos mentireiros, escoitar o canto das sereas, desentullar corredoiras, compoñer un soneto sobre un billete de cincuenta euros, inventar oracións e axeonllarse só para o que ti sabes, non sei se me entendes Víctor...

Imaxe: Lucien Freud. [pista]

No hay comentarios: