Onte soñei contigo Ana. Traballabas nunha estacion de Metro en Madrid e eras, como sempre o centro de atención. Coa túa presenza ambigua esaxerando acenos e facendo chiscadelas para selar solidariedades. Eras aquel rapaz de sorriso burlón e profundo. Ao teu carón todas eramos novatas ou mequetrefes. Semellabas ter o control. Pero eu sabía que tú sabías que eu sabía. Por iso desconfiabas, por iso te volviches cara min e nos abrazamos tan violentamente. E non controlaches. Cazáronte os exhibicionistas disfrazados de inspectores, totalmente espidos, amosando o poderío da súa disuasión de pacotilla, para avergonzarte. Pero ti nada, non hai que te aprenda. Dixeches que serían uns trámites e termaches do teu pecado coidando que te ollasen ben e desapareciches entre aquela morea de postmodernísimos. Eu quedei alí. Non podía moverme. Naquela megalópole había que camiñar sobre globos e eu caía de contino. Ademais era transparente. Polo menos ata que me viron contigo, que a partir de aí xa comezaron a guindarme todo o regufallo das súas incoherencias léxicas. E voltaches axiña, mágoa, eu xa espertara daquela.
Imaxe:The Jean Genie 2005 Cris Brodahl [pista]
No hay comentarios:
Publicar un comentario