miércoles, septiembre 30, 2009

Quixeches tocarme M.

Quixeches tocarme M. cando me pensabas e pechabas forte os ollos para crearme. Coa luz prendida gustábache máis. E pregabasme que te ollase mentres me memorizabas. Agora perdéronse algúns matices pero só con que te decidas un pouco alí estarei. No espello. Érgueste sorrindo a aloumiñas a frialdade do meu ventre movéndose ao ritmo dos reflexos que imaxinas. Cómplice do teu desexo retardas sensacións. Hai tempo. Xa se compón a figura con reminiscencias recuperadas pola túa teima de rescribir constantemente o mesmo parágrafo. Velaí estou xa, completamente debuxada. ¿vaste agora? véxote satisfeita co teu manancial de posibilidades. Pensas. Deliciosa esta dor ao abrollar as pólas en pleno outono. A túa man apalpa novas vetas que non codiciaras aínda. Entornas a porta mentras quezo co teu alento que nunca soa a despedida e entón é cando...
Foto: María Jesús Fariña

No hay comentarios: