domingo, diciembre 06, 2009

Instruccións para recoñecer a un mediocre.


Cansa dos mediocres. Podería convivir coa persoas adictas a sustancias perigosas, con obsesos sexuais e con malvados de libro. Pero non cun mediocre. Por iso pasei algo de tempo observándoos ao xeito do entomólogo para recoñecelos inmediatamente e inmunizarme fronte a eles. Son especímenes difíciles de clasificar porque teñen unha capacidade de adaptación deliberadamente a proba de toda selección natural. Crecen e multiplícanse independientemente das condicións do entorno e eu ata diría que o seu caldo de cultivo son os contextos máis evolucionados económica e socialmente. Non me interesan os mediocres con poder, eses non me afectan, polo menos directamente. Arporízanme os que cada día entran sen chamar na túa rutina e de socato están aí pontificando ao teu carón, no traballo ou apoiados na barra do bar onde tomas café diariamente. Últimamente son tantos que decidín tomar medidas de urxencia para mantelos a raia e contrarrestar a súa impertinencia. E pensei que cicais alguén sacaría proveito das miñas observacións. Pois ben, é doado recoñecelos. Comparten un perfíl bastante homoxéneo. Os mediocres adoitan estar ao día en todo o que sexa alternativo. Encántalles esa etiqueta. Son tan absolutamente previsibles que non poden vivir sen estar suscritos a algunha páxina de predición meteorolóxica. Comprobádeo. Todxs teñen algunha destas páxinas na súa carpeta de favoritos. Non saberían que facer se mudan mínimamente as condicións atmosféricas. Se viven da cousa pública son a adictos ao concurso oposición e á promoción interna e no mundo de aí fóra non os distinguiredes moito das sambesugas se ollades as súas estratexias de adaptación ao medio. Os mediocres desprezan a educación dxs teus fillxs se levan roupa de marca, eles que semellan auténticos paquetes postais con tanta pegatina, chapa e mensaxe que levan na roupa. Implícanse en todo acto de protesta social que se organice nun radio de cen quilómetros. Tanto lles ten a loita da muller como a do pobo palestino, gústanlles especialmente as reveindicacións minoritarias onde lles é máis doado sentirse verdadeiramente orixinais. A defensa dunha praia nudista, por exemplo, fainos sentírense como adalides dunha causa que inventaron eles. Aí é donde máis dano fan. Porque a súa solidariedade de cartón-pedra confunde a moitx despistadx. O seu vulgar e deforme ego impídelles degustar todo aquilo que sexa masivo e comercial. Esto é estupendo porque cando os ves movéndose ao ritmo de Michael Jackson, por exemplo, é divertidísimo, eles siguen movéndose con aquela cadencia hippy que memorizou o seu corpo. Non pensedes nos frikis, non. Bueno, como moito, os mediocres serían un tipo de friki intelectualizado. Ignatius J.Reilly non era ningún mediocre. Xa quixeran. As antípodas. Os mediocres rexeitan aos heroes de calquera pelaxe, e como saben que eles nunca poderán destacar polos seus propios méritos, agóchanos e rexéitanos baixo o pretexto de seren os culpables de tódolos males da sociedade, igual que detestan ao capitalismo, aínda que non leran na vida un trabado básico de economía nin de política. Adoitan falar linguas vernáculas para desgracia das mesmas, pois fórzana dun xeito tan animal que as deixan totalmente irreconocibles. E ollo, que os mediocres len boa literatura, e en canto poden, veña ou non a conto, espétanche unha cita de Cioran ou Paul Celan. Bueno, en resumen e modificando un pouco a cita de J.S. que elixiu John Kennedy Toole para o seu libro "a un verdadeiro xenio o recoñeceredes ao momento, porque todos os mediocres se conxuran contra el.
Pegada da foto CLIC (grazas A. pola idea da foto)

16 comentarios:

Chousa da Alcandra dijo...

Ollo co que dis, que os malvados de libro tamén teñen os seus perigos...
(Gústame comprobar que as denominadas "pontes" non so non son para min).

Saúdos dende a Chousa mollada

Rue Valette dijo...

Querídisima Ana B. Bande, aínda aceptando boa parte do exposto, sempre discutible, ocórreseme un pequeno apontamento. Como se fai para non ser mediocre cando se é inevitablemente mediocre ou, peor incluso, como se chega a ser xenio cando non se é xenio? Talvez o asunto sexa dramático: o mediocre que se sabe mediocre e non quere selo; o aspirante a xenio que nunca deixará de aspirar e morrerá aspirando... Sigo reflexionando (no posible, vaia).

Ana Bande dijo...

Os malvados de libro non sorprenden Chousa,están xupaos...o do paréntese non o entendo. Bico.

Rua Valette,a primeira pregunta está chupada tamén, porque un mediocre xamais a formularía. Notocante ao do xenio, bueno, nonse precisa selo para saber que non se chegará a tal, polo tanto, non atopo causa algunha de desacougo aquí. Eu teño unha amiga que creo que leva moita razón cando di...oes Ana, eu ía para xenio, estou segura, pero as monxas torceron o camiño...é certo. As monxas, a familia, a cativeza do entorno...¡bo domingo!

r.r. dijo...

Non sabía que poñer, tía. Identificado me vin e de súpeto aparéceme a verificación de palabra: lingua. Si, xa, eu tampouco entendo nada. Interesante post, agora ando descifrando a imaxe.

SurOeste dijo...

Mediocre, segundo a exposición do post, viría sendo algo así coma un fato, alguén que pon todo o empeño en parecer ser o que non é, porque non pode (hai cousas imposíbeis) ou porque, uf, para que molestarse se total... dan o pego.
A amiga interceptada polas monxas cando se encamiñaba á xenialidade, sería pois unha xenia frustrada, pero unha xenia in pectore. Pero aquí a cousa xa empeza a esvarar... necesitariamos unhas clases prácticas, Dona Ana, porque a ver, Pérez Reverte é un xenio ou un mediocre?

Ana Bande dijo...

non ser xenio non implica necesariamente ser un mediocre, nin viceversa, a Pérez Reverte só o lin, precisaría observalo directamente, pero así, de entrada, nin xenio nin mediocre, un tipo que ten facilidade para montar historias e que sabe contalas bastante ben.

apicultor dijo...

Que gran problema de identidade e de autoestima me acaban de crear. Non sei se son xenio (vale, si, sexamos francos e descartémolo), mediocre ou nin xenio nin mediocre, ou se cadra outra categoría por inventar (podería valer, poño por caso, mediocre de día e xenio de noite ou viceversa?).

En fin, un lío. Menos mal que sei quen foron os meus proxenitores sen ningunha dúbida, porque se tamén fose adoptado... mamma mia!

Ana Bande dijo...

Moi mal me tiven que explicar para que RR e o maese apicultor se identificasen cos especímenes que describo no post. Cicais algún pecado cometemos todos pero síntoo, no test de mediocridade cero patatero. Homeeeeeeeee!

Macho Varón dijo...

Yooooo soy mediocre porque el mundo me ha hecho asíííí! porque nadie me ha tratado con amoooorrrrr!
A chorar a cangas.Pois vai ser que non.Eu saco peito e de mediocre nada. Son un xenio natural, dos patrimoniais, dos que nacen por non facerse, que da moito choio.Con todos os cartos da miña herdanza teño amor o peso e o mundo que faga o que lle pete. Máis que xenio teño unha mala baba de manda carallo, e claro, esto sempre axuda a destacar en calquera campo da vida. Eso sí con moita elegancia. De cativo escoitaba o conto no que vai ti a saber en que sultanato ou emirato un raparigo da rúa daba unha couce no chan e de súpeto erguíase unha fumareda parlante que o son de cítaras e frautas enfeitizabache co seu ¡Son o xenio da lampada prezosa MIRA QUE COUSA, MIRA QUE COUSA, o que queras o momento eu cho fago, eu son o teu escravo, o teu escravo!. Logo Kipling-Disney en con forma de culebra hipnotizounos co sibilino ¡CONFÍA EN MIIIIIII, SOLO EN MIIIIIII! e todos os Mogwlis someteronse.Incluso aqueles xenios de fume trocaronse en escravos tal como preconizaban. Pero eu,incomprendido social pero xenial,sigo atizando couces.
Tanta preocupación pola xenialidade ou a mediocridade? O certo e que, como as meigas,habelos hainos, xuntos e separados. Adoito ser ecléctico e pragmático: simplemente son un xenio da mediocridade.
Nota: eu os favores os cobro pero pode vostede acudir ao carioco da loteria por si lle da por cantar o gordo.

Ana Bande dijo...

cagoendiola maxovaró ere er mehó! quixo, hoi te me toma un ribú, te pongo al tritoben y examuncoete! jajajajajajajaaaaaaaa

Sigrid dijo...

Anuska, ole. Habería que engadir, a saber, os que teñen medo dos que sacan a cabeza e antes de que podas coller folgos xa están pisando por riba de ti, o esnobismo dos que "envueltos en sus andrajos, desprecian cuanto ignoran" ("que me ten que ensinar a min unha interina? ou "e esas chorradas dos blós, bah, perdedes o tempo"), ou os que, displicentemente, se colocan "o teu nivel" porque "son coma ti". Gustoume moito o da metereoloxía, son moito tamén do mundo moscosos, pontes, acueductos e demáis construccións festivas. Pero claro, eso xa non o teñen que gardar nos favoritos porque xa o levan na pel.

cãosemdono dijo...

Parafraseando ó inefable mestre de Amanece, que no es poco:

A ver, niños, ¡examen sorpresa! Pregunta única, pero con distintos apartados:

a) Concepto de mediocridad.
b) Naturaleza ontológica y caracteriología de la mediocridad: la mediocridad como azar o necesidad, imperativo categórico kantiano o bien simple estadística.
c) Sintomatología mediocreril y Vademecum.
d) Tipología mediocreril: mediocritas congénita, adquirida, osmótica, mimética o mixta.
e) Distintas alternativas tratamentales: admisibilidad ética del tratamiento farmacológico de la mediocritas.
f) El mediocre en la historia de España: de Indíbil y Mandonio a Mariano Rajoy. Especial referencia a la Transición española.
g) Mediocridad y lucha de clases.
h) Mediocridad y democracia.
i) Mediocridad y postmodernidad.
j) Mediocridad y onanismo.
k) Mediocridad y medios de comunicación: el caso de La Coz de Malicia.
l) Mediocridad y función pública: especial referencia a las tormentosas relaciones entre el mediocre de carrera y el interino, mediocre o no.
m) Fútbol y mediocridad.
n) Mediocridad y raquitismo ético: especial referencia a Galicia Bilingüe.
o) Mediocres y genios: ¿condenados a entenderse?.
p) Comentario libre: El Diario de Patricia: "Estoy rodeado de mediocres".

Una vez cumplimentadas sus respuestas, introducir en sobre cerrado y depositar en este buzón virtual, con permiso de la dueña.

¡Tiempo!

Dersu Uzala dijo...

a) Que non é branco nin negro é ocre ou mediocre.
b) A mediocridade nin se crea nin se destrúe só se transforma.Sen mediocres non hai paraíso ergo sum mediocre non hiperactiva pero con tetas.
c) Vease blog de Perlejos.
d) mediocritas con-génita (que se deixa levar polos xenitais), ad-quirida (díse do que se aprecia, se quere sumar, sease o que non se ten pero que se pode coller cando se precise), osmótica (son tan mediocre que non sei que significa esto pero a miña medicridade non me deixa ter diccionarios na casa, mimética (so funciona entre mediocres: nin poriba nin porbaixo, sempre no medio) o mixta (indefinida par unha mellor camuflaxe).
e) O mediocre non alterna,é de marcha única.Non existe ética, nin lóxica, só un obxectivo a conseguir sen que se note demasiado o que quere, o que sabe ou o quebusca.
f) Vexase ademais Blog Peralejos.
g) Que loiten outros-as que eu adícome a recoller como boa espigadora.
h) Batiburrillo social.
i) Incompatibilidade plena pois o postmoderno saese de sitio.
j) Aquí sique sique. Pleno o 10.
k) Outro exemplo: La Religión de Ourense.
l) Unha vez mais revisar bibliografía de FORGES.
m) Non me mente bicha, oiga vostede.
n) Home máis mediocre e raqui-ético que esto sería a Galicia Lingüe.
o) Sempre.
p) Comentario libre: El Diario de Patricia: "Estoy rodeado de mediocres". Da autobiografía apócrifa de Ratzinguer Z.

I. dijo...

e por que non deixar que a xente sexa como quere e listo?? nunca me gustaron as persoas que se erixen en casta dominante e pensan que teñen o dereito de xulgar ó resto dende o seu olimpo de provincias...penso dende a miña humilde opinión, que esta entrada non se corresponde coa altura do resto das entradas deste excelente blog. eu nunca me sentín tan superior como para xulgar e criticar ó resto. poida que a comparación non sexa moi afortunada, pero, no que lía, pensaba neses ricos que desprezan ós pobres porque non se lavan. dende o momento en que criticas a alguén pola forma de vestir, falar ou comportarse socialmente convérteste tí tamén nun mediocre.

sinto se o ton do meu comentario é agresivo, pero repito, é unha crítica constructiva para un dos mellores blogs que coñezo.

apertas

Ana Bande dijo...

l. levas toda a razón, de feito, estiven retrasando moito este post, pero ás veces hai que quitarse un pouco de po de enriba para non afogar...pode ser un acto de prepotencia erguer un pouco a cabeza, mais compre ás veces respirar.

Anónimo dijo...

Im - presionante. Os do Bloque perfectamente descritos.

Encántame o teu blog.