jueves, abril 15, 2010

Pasatempo para Mariano Rajoy


Querido Mariano: Concéntrate nestas fotos das marabillosas Illas Cíes que tomei onte dende a non menos fermosa praia de Patos e a ver se ves unha (ou dúas) nas que conseguín pillar o faro prendido (relaxa un montón)
Dame medo Rajoy, e a Cope, e a falanxe, e os curas. Da medo case opinar. E opinar en alto aínda máis. Mesmo penso que hai que opinar do tema cunha man e mercar o billete por se as moscas, coa outra. Rajoy insulta a liberdade de expresión da forma mais noxenta. Chamándoa antidemocrática. O acto da complutense pode ser a reviradísima letra capital do incipit dun proceso que quedou en modo stand by nun consenso que non foi tal, ou que xa caducou, vai ti saber. Onte, nun debate na tv, o avogado arxentino explicou en que consistía a causa que este país vai presentar contra o noso por xenocidio. Duras verbas, durísimas. E claro, botamos as mans á cabeza porque o disfraz de democracia modélica vaisenos caendo irremediablemente. Nunca nos acaeu ben ese modelo palabra de honor tan arriscado. E imos quedar en putas pelotas. Vánsenos ver as fosas e os refaixos. Que van dicir de nós, recoñecía onte o tertulián. Velaí a cuestión, a cutre cuestíon de sempre. Hai democracia Mariano, mal que che pese. Por iso malgré tout coñecemos a podredume do Gurtell [et al.], por iso coñecemos o que se coce nos confesionarios, por iso sabemos lerte entre liñas e sabemos o que queres dicir cando calas. Temos democracia, abofé, malquepierda. A nós que nos ten que importar o que diga o Wall Street Journal, vaia oh, logo de contratar a un vaqueiro de mentira, de verdade e gigolós para dirixir o seu país... Aquí mataron moita xente, si,

2 comentarios:

migramundo dijo...

Hai tempo que ando a buscar palabras como as que empleas para decir o que dis. Quizá non me esforcei suficientemente, quizá non estou "iluminado". Co teu permiso, tómoas prestadas. Saúdos.

Anónimo dijo...

Nalgún sitio dixen que a verdade é teimuda. Aló quedan os ecos da nosa modélica transición da merda á merda e media, perdóame a expresión. Agora fede, normal. Pero teñen que ser os de fora os que nolo digan porque aquí imos tan afeitos á podremia que mesmo presumimos dos nosos arrecendos.
Ando a pensar que tras dos mortos había patrimonios. Moitos. Será por iso que anda a xente nerviosa?

Un pracer voltar pola túa casa. Perdinme polas rúas virtuáis, non foi falta de interese.