A vida...hai que saber xogar con ela. Estou moi a gusto canda vós por iso vos conto todas estas historias. Son vello, cincuenta e nove, e teño só un dente, pero é meu dente. Quitareino cando lle toque, xa lle queda pouco. Os outros arrinqueinos cun palillo cando ían frouxos. Primeiro doía, buf...sentía unha dor terrible na cabeza, pero logo da dor viña a calma. Toume despedindo, marcho a M., a traballar na siderurxia, o choio anda mal aqui. Si, teño amigos alá. Amigos vascos, moi boa xente, se non lle mentas o tema, aí si que non, póñense buffffff....non comulgo con iso...¿non si R.? nós estivemos daquela ben fodidos, lembra meu irmán. Si C., ao M., queimáranlle os pes con pitillos, mallaron nel ben a gusto pero non cantou, que grande tipo E. P.? sempre ían por el e nunca, nunca o atoparon. Quen era P.? era outro meu irmán, o noso correo, el repartía todo, clasificaba, repartía e agochabao todo. Nunca o pillaron. Outra ronda? ¡claro! esta convido eu, di A., que non quere que esa noite máxica remate nunca. Eiiii..H.! ¡veña outra ronda!. H. faime chiscadelas, sabe o que disfruto con estes tipos. ¿contoche un conto? ¡claro! pois mira, unha vez atopeime a unha muller no Vitrasa que dixo que me coñecía, sabíao todo de min, quen eran meus irmáns, e bla, bla, bla...e ata que eu fóra un can na outra vida, quedei pampo. Para demostrarmo díxome que os tres irmáns tiñamons un bultiño na orella, e efectivamente, velaquí está, mira, toca, toca...e alá vou eu a tocarlle a orella a C. ¡¡¡¡ñammmmm!!! ¡dios que susto! jajajajajaja...son ou non son un can?. Eu son un pobre ignorante, que non me falen de quebrados, iso si, no traballo son do mellor, ¿catro tuberías? diso nada, fago unha moi ben, velaí o choio, facer unha a modo e ben, hai que ser solidarios ¿ou? e ademais ¿para que facer catro? para que che poñan pegas? caaaaaaa....[poesía quererte porque te quiero]...si, a folga do 72, aí estabamos, eles mataban, dábannos permiso para matar, que vaaaaa...Franco non, era o sistema, pensaban que o pobo non tiña folgos pero o pobo cando quere fala, e fai, hostia se fai, non ten só paus e pedras, podía facerse co que tiñan eles. ¿que como coñecín a R.? cóntallo R. eu vou botar un grolo. Bueno, nos conocimos...yo estaba con la vietnamita a todo trapo y llamaron a la puerta, nadie debía saber que estaba yo allí asi que me dije, llegó la hora de dar la cara, estaba dispuesto a entregarme, así que fui tranquilamente y abrí la puerta y alli estaba C. ¿Que hacías allí C.? ¿quien te dio el chivatazo? Joder R. ¿lembras a que montamos alá cos vascos cando lle levamos a augardente? dezaséis litros, iso é un cabazo no meu pobo, dixo X.L., eu lembrei que meu pai falaba de "olas", jajajajajaja...os tipos aqueles asando sardiñas, e aquelo non tiraba, e entón cantámoslle aquela de señoor cura chame á súa sobriña que estes rapaces non saben asar sardiñas...., si, volvín por alí aínda hai poucos anos a traballar, fun ao bar e preguntei polo Jarry, non estaba, seica, é un rapas de vintepoucos berroume "vaite para túa terra", din a volta e díxenlle "veño aquí a traballar, pode que ti mañá teñas que marchar do teu pobo tamén", eles son así co tema, e entón de socato, un home xa vello foi cara el, agarrouno polas costas e púxoo fóra. Si, si, quérenme moito por alí. E J.L. a voltas coa súa afiliación, pero ¿ti es periodista ou que? eu non estaba con ninguén, estaba co pobo, como agora, con R. e canda vós. A vida, amigos, hai que deixar pegada, hai que facerlle cousas á vida, que falen dun, ben ou mal, mellor ben, claro. ¡a las barricadas! ollo co que dis rapaza, non confundas. Daquela había moita miseria, pero había máis cousas que agora, agora anda tododiós afogado e murcho. ¿gústavos a cazadora que me mercou a parenta? para que non pase frío, jajajajajajajaja, tamén me mercou uns calzón deses que empregaban os vaqueiros, vaia lío cando vou mexar, perdón señora, pero entre tanto farrapo non atopo o choio, de verdade, e méxome por fóra, teño que afacerme aínda, e por enriba os pantalóns, jajajajajaja, vaia lío. ¿e non vos contei de cando estiven nos USA? aquela si que foi boa...leváronos a un local que se chamaba gogó grils...jajajaja....non sería gogó girls...? ai que carallo, eu que sei, non pronuncio ben o inglés....
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario