Os Amigos da República de Ourense homenaxean este ano a Cuca Tovar. Por fin, amigos, por fin. Xa teño contado a historia de Cuca por aquí e estes días, amablemente X.L.C. pídeme unhas. Eu, X.L., digamos que xa durmo tranquila logo de que Uxío, de Murguía, me ofrecese as páxinas da súa revista para contar a súa historia e de paso darlle un pouco de pulo ao tema do (non) acceso aos arquivos e documentos públicos. Aquí tendes o texto completo para os que vos interese esta cuestión. Outro gallo nos cantaría neste país se os cargos públicos fosen quen de respetar estas leis sobre transparencia, porque señorxs, non será por falta de leis. Non oh. As leis sobran. O que falta é que o cidadán as coñeza e que os políticos as respeten. Sobre todo os políticos. A vergoñenta dimensión da trama Gürtel e a paralela imputación de Garzón falan ben claro do déficit democrático que nos deixou en herdanza o famoso consenso. Cuca non daría crédito a esta anomalía. Trinta e cinco anos despois da morte do monstro e a falanxe aínda viva e tratando de condear ao primeiro xuiz da democracia que acada que a máxima institución xudicial a nivel internacional recoñeza os crimes cometidos polo sanguinario Pinochet e o primeiro tamén en permitir a recuperación dos corpos dos que nin sabían por que eran fusilados. Eu, como Semprún digo que non son xurista, así que ignoro se dende ese punto de vista hai cousas discutibles na instrución de Garzón. Agora ben, o que me parece imposible é que a Falanxe consiga levar ao banquillo a un xuiz como Garzón. É unha cousa de tolos que non se entende en Europa. E coma Semprún tamén digo que a memoria é a vida. Esquecer por tanto...¿hai que estar sempre repetindo o mesmo?.
Foto: Libro homenaxe de Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario