jueves, abril 08, 2010

Peder(hastia)dos vigueses.

Imagen del Colegio Marista El Pilar, en Vigo.

Condenan a dos años de prisión a un religioso por abusar de dos menores

En Vigo, á parte de narcogarderías, temos tamén curas pederastas. Triste panorama. E o peor, sigo pensando, é esa anormal predisposición a aceptar os actos criminais como rutinas coas que temos que convivir. Que todos os días haxa noticias nos xornais de curas pederastas non asusta a ninguén. Coa prepotencia que dá a borracheira de poder a propia igrexa ríe na nosa cara con eso de que "se la trae al pairo". Estes días estiven en Madrid. Tiven a mala sorte de coincider cunha procesión "de xénero", con costaleiras ben entrenadas. Aí no medio e medio da rúa ateigada de bágoas estragadas e mareada co incienso co que adormecen aos imbéciles, aí, digo, pódese entender case todo. Pregunteime por que serei tan covarde, por que falo tanto e non me atrevo a poñerme no medio e medio cunha pancarta ben grande lembrándolles a toda esa canallesca os seus pecados. Por iso, porque somos covardes. Hoxe consólame ler este artigo de Sinead O´Connor.

EU TAMÉN RACHO COA FOTO!


Pista da foto: Inicios

4 comentarios:

folerpa dijo...

Non sei se lembras, outro cole relixioso de Vigo e o seu claustro apoiando a un profe que logo resultou condenado polo mesmiño.

Gabi dijo...

Como dicía Barricada no seu tema "La hora del carnaval", a esta xentuza non lles importa deixar a súa pegada.

Por certo, o sñor Enrique Villarreal tamén racha coa foto.
http://www.youtube.com/watch?v=6hj6vx-OsP8

marlempicka dijo...

a min véñenme as verbas de certas nais que din orgullosamente que non queren que un fillo seu vaia a un cole público senón a un relixioso porque "se nota la educación que reciben"... deberiano pensar dúas veces

Carlos Cesar Alvarez dijo...

Muchas gracias por la publicidad del libro :)