martes, abril 20, 2010

¿preservativos? non, non vendemos...

-Boas tardes, quería unha caixa de preservativos.
-Non temos.
-Perdón, ¿non teñen preservativos?

-Non, non vendemos.
(percibo a lixeira diferencia)
-Disculpe, e ¿pódeme dicir por qué non venden preservativos?
-Non é un producto farmacéutico, e ademais pódense mercar en moitos sitios.
-Xa, pero mire, esta crema de aloevera que ten aquí mismo, e todo esto que vexo exposto tampouco son productos farmacéuticos e tamén os podo mercar en cantidade de establecementos.
-Non temos obriga ningunha de vender preservativos.

-Claro, seino, seino, pero non deixa de sorprenderme que nestes tempos unha farmacia se negue a vender productos que son fundamentais para a prevención de enfermidades moi graves. A vendedora queda calada cunha expresión que denota absolutamente nada, nin sorpresa, nin desprezo, nin malestar...nada. Sinto que entra xente na farmacia e continúo pedindo explicacións nun ton o suficientemente alto como para que todo o mundo se entere e "espertar" á vendedora (a estas alturas xa estou na certeza de que é a propietaria do choio).
-E dígame...¿vende vostede o anel anticonceptivo vaxinal?

-Si.
-E ¿cal é a diferenza? ¿por que vende outros métodos anticonceptivos e non preservativos?
-Xa llo dixen...a dona non quere vendelos.
-¿E vostede non se sinte un pouco incómoda ao ter lle negar preservativos aos seus clientes? e sobre todo ¿non ve que non está cumprindo co principal obxectivo do seu establecemento que é previr e curar enfermidades?
A vendedora segue sen contestar e sen poñer expresión de absolutamente nada, agás cando entra alguén na farmacia, entón pon esa cariña de nenas ben educadiñas nas xesuitinas (v.g.) y como está tu mamá, a clienta debe andar polos sesentaetantos e eu deixo de pensar nos preservativos porque estou imaxinando a gracia de deus, bueno, bien, María Jesús, va caminando y haciendo sus cositas, a ver si sigue así si Dios quiere...
Farmacia "La Avanzada", Praza da Industria, Vigo, 19.4.2010.

11 comentarios:

saudade dijo...

Me parece increíble!

Álvaro Montoya dijo...

Fronte a casa da miña nai. A min pasoume tamén, e o diálogo, tremendamente surrealista, foi semellante. Non volvin por un pé nese establecemento do demo...

SurOeste dijo...

Supoño que as farmacias católicas recibirían unha circular divina asegurándolles un posto en primeira liña celestial por non promover que o pecado por antonomasiaquede sen o seu xusto castigo.

Admirable, en todo caso, a virtude e o celo antivicio da clase farmacéutica.

Sigrid dijo...

Manda chover na Habana. Se comezan a vender fármacos con criterios semellantes, dentro de pouco tampouco poderemos mercar, poño por caso, ibuprofeno, dado que o sufrimento é salvación. E non aturar unha simple dor de cabeza, todos sabemos que é de nenazas e vai ti saber en qué remata todo isto. Nun sindiós.

Ana Bande dijo...

e a historia continuou aínda, cando remato de cumplimentar a folla de reclamacións a ghichiña óllame con cara de macarena e dime ¿que teño que facer con isto?, pues mira guapiña, velaí o pon, a folla verde para min, a amarela para ti e a branca para o Servizo de Prevencion...quedou dubidando e eu xa marchei por se me subía a tensión de súpeto.

Fer dijo...

A mim só me passou umha vez, numha farmácia de Santiago, regentada por umha parelha do Opus. Também pedim folha reclamaçons, mas disso há... cinco anos? e cuido que seguem sem venderem métodos anticonceptivos.

Inma dijo...

La avanzada! joder! Se dá comigo pídolle todos os anticonceptivos e xeles vaxinais que teña, e cando os teña todos no mostrador á vista de todo o mundo, dígolle que non quero ningún e marcho... ji, ji, ji.

setesoles dijo...

Estou por facerlle unha visita e pedir un vomitivo. Pra cando mo traia heille decir que xa non é necesario. E con algo de sorte fágolle unha demostración gratuita. Porque me pilla lonxe, mira...
Xa decía a miña aboa que "estes sitios modernos..."

Anónimo dijo...

É unha mensaxe moi clariña: non follar. Así evítanse tódalas enfermidades de transmisión sexual.

Ai, que non estaades enterados!

H.C.

As MIR e unha noites dijo...

Xusto acabo de publicar un artigo o meu blogue sobre un sucedido semellante na mesma farmacia. Incluín nel unha ligazón a este teu artigo, espero que non che moleste.

Podes lelo aquí: http://www.asmireunhanoites.com/2014/09/a-farmacia-que-non-vende-anticonceptivos.html

Evigo.es dijo...

Parece que este tema no pasa de moda. Aunque tengo que decir que nosotros hicimos la prueba y nos los vendieron. Lo contamos todo en este enlace

https://www.blogger.com/comment.g?blogID=27995621&postID=2484402291193672902