martes, septiembre 14, 2010

Los restos del día, Kazuo Ishiguro

Gozosísima lectura que me fixo revisitar as mellores esceas da película. Só en contadísimas ocasións o filme non queda en débeda co relato no que se inspira. Así que, neste caso non sei se prefiro ao Stevens de papel ou a aspereza de Anthony Hopkins. Stevens, o maiordomo, cóntanos en primeira persoa a súa historia e de paso contemplamos o derrubamento da Europa da posguerra. Darlintong Hall cae con toda a parafernalia característica da nobreza inglesa. Na casa vive agora un home de negocios americano e Stevens ten serios problemas para entender este novo mundo. O seu esquizofrénico sentido do deber non se adapta aos novos tempos e decide facer unha viaxe na que nos vai contando en primeira persoa e case sen querer toda unha vida de sumisión na que despreciou absolutamente todas as ocasións de ser feliz. Esta escea amósanos precisamente esa imaxe apocalíptica dun home que renuncia ao amor para sempre. Porque ten un deber que cumprir. Parécenme uns segundos máxicos e terribles os desta escea...





No hay comentarios: