martes, febrero 28, 2012

Fibonacci

Fibonacci, unha cuncha de caracol, o número áureo, reciclar as pelas dos plátanos, pazo dos Castro-Monteagudo, unha enfermidade terminal, a propia vida, free jazz, imprimar lenzos, cola de coello, pigmentos, sistemas compatibles indeterminados, Ruffini, matrices, condensadores, sistema de iluminación urbano, un, dous, tres, incógnitas, seguridade social a cargo do Orzamento Xeral do Estado, teses doctorais paralizadas pola tolemia do catedrático, un enxeñeiro que atopou un emprego recoñecido e remunerado en Ucrania, crise, apocalipse, o inabarcable, a incompatibilidade do finito e do infinito, dos desexos coas posibilidades, ordenadas e abscisas, ¿como é a túa nai de ordenada?, un bico na man, tesis doctorais á venda no mercadillo de Bouzas, beso convexo, dimensións, cantas dimensións hai no universo, estatísticas, probabilidades, campo muestral, porcentaxes, Murakami, fórmulas literarias, fórmulas, prediccións de analfabetismo, as posibilidades dun condón usado nun contenedor de papel, de aquí a vinte anos todos analfabetos, o cadro de luces, o misterio das alcachofas, unha pescada contratada no mercadona, unha moeda do século doce atopada por unha muller mentras preparaba o tiburón para a cociña, pavo sen graxa, unha sustancia velenosa omnipresente, herbas para preservar a memoria, reserva cognitiva, medo, Shine, obsolescencia programada nunha ecuación que tende ao infinito, e de novo apocalipse, unllas entintadas, punta seca e acuarela, Leonardo da Vinci, unha biblioteca con centos de exemplares da mesma edición do Quixote, miña nai lendo a Zweig, unha camareira deitada no chan do lavabo de homes facendo uso do seu tempo de descanso remunerado, o réxime escravista romano como modelo utópico da actual reforma laboral, a teoría de cordas, o séptimo selo, Ika....

3 comentarios:

crispavon dijo...

a lista dunha muller lista (e poeta). Mencanta!

cãosemdono dijo...

Falta a referencia ós roxós antroideiros.

Anónimo dijo...

El miedo no es más que un deseo al revés.

Amado Nervo (1870-1919) Poeta, novelista y ensayista mexicano.