domingo, julio 30, 2006

Blogs Próximo Oriente. As bodas de Canaan, 2006.


Aquí tendes unha versión contemporánea das "bodas de Caná", ese capítulo da biblia no que Xesús foi quen de convertir a auga en viño. Os gobernantes de Israel, non os xudeus - non vou caer no erro de xeralizar porque ahí reside a principal causa destas guerras- celebran cada certo tempo este milagre. No ano 1996, celebrárono coa tristemente famosa operacion "Uvas de la Ira", na que convertiron en cinzas a máis de 100 persoas. Agora repiten a festa. Esta pasada noite, tamén fixeron a súa conmemoración. Convertiron en cadáveres a máis de 50 persoas, a metade nenos. Como pola nosa xeografía non se fala máis que de reconstrucción faciais ultramodernas, broncas dos curas ós políticos e do carnet por puntos, metínme na rede na procura de xente que me contase cousas interesantes do que me interesa agora, que é esta maldita guerra. No sitio blogginbeirut atopamos imáxenes do que está a pasar. Non deixedes de consultar o blog de Mazen Kerbaj, no que publica un diario de debuxos do que está pasando. A súa interpretación do que pasou esta noite é a que vos poño na esquerda da foto.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Buena información, pero una penosa maquetación. El continente también es importante

R.R. dijo...

Como doe ver que non sabemos deixar de repetirnos no peor de nós...

Hai un dito a respecto do comentario anterior: "Cando alguén sinala á lúa, os parvos miran o dedo".

Anónimo dijo...

Todo cuanto dices y en especial esa foto que muestras es falso. Todo es manipulación y tu, tu, especialmente tú, tragastes y encima contribuiste a difundir la mentira. Ya ves. Tanto clamar y al fin y a la postre ni puñetera idea.

Ana Bande dijo...

Non sei quen és, pero ese emprego da segunta persoa de singular lémbrame moito o dedo acusador dos que sempre pensan que están na posesión da verdade. ¿que eu minto?, xa quisera eu estar tan segura, pois así sabería a verdade e é precisamente ahí onde eu ando á procura. Debes de ser un deses participantes dos debates de blogs de famosos como Arístegui que andan a buscar un espazo para o desafogo. Aquí non te molestes, somos xente que non estamos de moda, que lemos filosofía e outras parvadas, somos tan horteras que pensamos máis dunha vez o que lemos e o que din nos MMCC,por iso somos tan parcos e falamos tan pouquiño. As fotos sonche o de menos, o que conta e que morren persoas cada día por mor dos dirixentes máis perigosos que endexamais houbo, e iso da moito medo, moitísimo máis que todos os Bin Laden do mundo. Claro, xa non lembramos outras épocas nas que tamén nos metían medo para que creramos a calqueira que soupese berrar que ía defendernos dos monstros que nos ían comer...e por iso nos faltaba tempo para coller a escopeta e saír matar a todos os que non fosen rubios, ou fosen demasiado morenos, tivesen gafas ou falasen de forma rara...o mismiño que agora, senon, mira o pánico colectivo que se está a dar cada vez máis nos avións...¿que non tes medo? pois non baixes o dedo acusador porque poden pensar que és un deles e ben seguro que irán por ti.