Xavier Bellés, no artigo "Cantidad y calidad de los artículos científicos" que publica hoxe o diario El País, laméntase do feito de que na investigación se teña máis en conta a cantidade que a calidade no relativo á publicación. A esta conclusión chega o autor logo de analizar os resultados que publica a Institute for Scientific Information (ISI). Non poño en dúbida as eivas que a ciencia ten no noso país; é de sobra coñedido o atraso que da investigación en España, seguramente polo desinterese dos sucesivos gobernos que logo da democracia tiveron que atender a outras materia de "primeira necesidade". O que non podemos é tomar constantemente como referencia unha organización (ISI) da que xa hai tempo que coñecemos a súa parcialidade. O famoso factor de impacto das revistas que analiza o ISI non é moi válido para nós. Primeiro porque ten en conta casi únicamene ás publicacións en inglés (hai escasísima presencia de publicacións en español), e logo pola súa preferencia polas ciencias físico-naturais fronte á rama humanístico-social. Podíamos lembrar ademáis a corrupción dun sistema baseado no famoso "tú me citas, yo te cito". Publicar, publicar, publicar.... unha obsesión irracional que contribúe todavía máis á dificultade cada vez maior para atopar traballos e ideas orixinais e valiosas non mundo da investigación.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Imaginemos que somos investigadores y descubrimos algo que va a revolucionar el mundo. ¿Qué buscaremos a continuación?: Divulgarlo. Y con sinceridad, ¿cómo obtendrá máyor divulgación? ¿en gallego, en español o en inglés? y ¿dónde obtendrá mayor divulgación? ¿En la Revista de Diagnóstico Biológico o en Nature o Science?
¿Y si no es tan relevante mi investigación? Seguiría intentando divulgarla lo más posible.
¿Y vosotros?
As publicacions cumpren moitas funcións, para dicilo en roman paladino: cotizan en bolsa.O feito de que establezan a prioridade de dun determinado achádego a través da data de recepción do artígo na revista, e recompensar os investigadores polos seus contributos a travéso das citacións é canto menos que polémico e converte o publicar nunha fin en si mesma, iso si naquelas dun alto factor de im-pacto, sen reparar en quenes ou como se van ler. Vai parello á internacionalización do capital,á súa concentración e a absorción de empresas, migración directa a revistas de fala inglesa.Aggregators de empresas, aggregators de revistas. Un cículo paradóxico xa que canto máis publican nas que xa teñen impacto,menos impacto teñen as domésticas que, por certo, en áreas básicas ou aplicadas teñen mais audiencia aquí entre os profesionais.Mesmo resulta contraproducente canto non as len aqueles a quenes van dirixidas.
Álvaro está a falar de casos puntuais: os achádegos. Mais compre repararmos na paradoxa de comprovarmos ca máxima difusión non leva aparellada necesariamente a súa leitua pola comunidade profesional. Por que non se miden outros indicadores como a súa influencia na práctica clínica, na calidade de vida da xente, o seu impacto social?
Veño de ler en Vieiros co nobel Ernst se laiou de que os avances médicos privilexian "aos ricos":"o desenvolvemento médico é só para ricos" . Terá a ver co como se investiga? Validar uns indicadores en detrimento doutros determina a elección do alvo a pescudar?
Investígase sobr o que vas ser máis rendible no mercado, non sobre o que vai ser máis necesario para evitar enfermidades endémicas ou catástrofes naturais, xa o vemos. E por suposto, publícanse os resultados das investigacións que respetan as consdicións do mercado. Alvaro ve lóxico que se prefira publicar en medios de grande prestixio, sen embargo, ata un punto de vista estrictamente económico sería bo potenciar ferramentas propias, na nosa lingua e sobre os problemas que nos afectas, que son moitos e cada vez máis perigosos.
Deveria dar que pensar a publicación masiva de textos aillados dos seus contextos sociais, por moi relevantes que a priori sexan para a humanida (cousa que é falsa xa que unha minúscula parte do publicado cumpre con criterios contrastados e independentes).Canto menso manteño a "sospeita" razonabel sobre a construcción do chamado texto científico se non se consideraan os contextos sociais, institucionais, económicos (concentración e global determinación das farmacéuticas) e prácticas de difusión de información. Quen se beneficia do feito de que se publique e se disemine esta información dun xeito endogámico? E as voces de quen non se represeta nestas investigacións? E qué se considera como coñecemento nestas disciplinas? A información e as prácticas científicas non son neutras, ainda co semellen.
Todo eso é moi bonito, pero mirade para qué valen os índices de impacto (con perdón):
http://www.elpais.es/articulo/educacion/elpedupor/20061030elpepiedu_3/Tes/
Publicar un comentario