martes, octubre 10, 2006

Foto de Roberto Ribao



Roberto Ribao é un excelente fotógrafo, periodista, escritor e pensador. Para mostra aí vos deixo unha das súas fotos. Das que lle coñezo é unha das que máis me gustan polo que ten de provocador; claro que é unha provocacion de efecto retardado pois non é infrecuente tardar en percibir que a delicada dama non descansa nun diván dun veludo vermello. Nas súas palabras, trátase dunha visión desenfadada e irónica do mundo da arte desde o medio fotográfico. Roberto escribe mensualmente na revista Tempos Novos a sección Postais de Galizia na que reflexiona con ironía e intelixencia sobre os problemas que afectan ao noso país.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Mimá, ata que lin o texto non caín nos chourizos...

Ana Bande dijo...

Xa, por iso non lle puxen o título "Venus chouriceira", para non descubrir o segredo.

Anónimo dijo...

A mín recórdame un grandísimo libro que editou a universidade de vigo con fotos dos distintos centros acompañadas de pratos típicos de Galicia. Con texto incluso de Carlos Casares, que non tiña nada que ver coa desfeita. Se anabande pode conseguilo podería alegrarnos o día cunha imaxe daquelas.

X dijo...

A min recórdame a eses libros de xogos visuais onde nada é o que parece.
Encantoume a foto. Un saúdo.