Este é o meu amigo Víctor traballando na Galipedia. É un dos colaboradores anónimos deste grande proxecto que medra día a día e que ven de superar os 20.000 artigos. Convídovos a visitar este traballo feito por persoas que dende o anonimato contribúen a espallar pola rede a cultura e a lingua galegas. Víctor e outros coma él non perden a paciencia malia os vándalos ideolóxicos e outros virus non só informáticos que pululan pola rede. Da gusto escoitalo falar tan apaixoadamente das contribucións de tanta xente que inviste o seu tempo enriquecendo o ciberspacio con este e outros proxectos irmáns como o Wikipedia Commons (repositorio fotográfico), o Galizionario, Wikisource, e tantos outros. A xa famosa Web 2.0 veu para quedar, así que botade unha ollada se aínda non sodes socios deste club. Por certo aínda non hai contidos para o tema da muller ¿a que esperamos?
lunes, diciembre 11, 2006
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
coincidindo co teu recoñecemento a esta xente, que forma parte dunha xeración moi preparada,resulta interesante resaltar a capacidade de traballo conxunto e interdisciplinar que teñen.Un intento de fuxir do tópico, de que non sabemos traballar en equipo,un intento de avanzar sen prexuizos, desconfianzas, medos ou complexos, deixando atras atras a concentracion parcelaria acomodada na mente galega. Hoxe temos exemplos de logros importantes acadados en equipo e sabemos que a colaboración é a via a seguir pero o peso do valor do "individuo" sigue premendo con forza e o traballo de formiga baixo dos colectivos anónimos non proporciona o ansiado curriculo.E igual, o importante e facer as cousas, e facelas ben. Adiante e con ganas. Trasmitelle a noraboa a todos-as as formigas da Galipedia.
comparto cada palabra deixada por anónimo. Parabens para eses traballadores da cultura e sobre todo grazas!
Publicar un comentario