Grazas ao programa Documenta 2, unha excepcional aposta pola calidade e información que fan que aínda teña sentido prender a TV de cando en vez, coñecín a Basilio, o rapaz da fotografía da esquerda, un neno de 14 anos que traballa na Mina do Diaño, xunto co seu irmán Bernardino, creo que se chamaba. Miralo coa miña ruliña de 15 anos foi xa unha proeza porque non é nada doado ganarlle a partida ao messenger, e aínda menos cun rival en principio tan feble: un documental sobre os nenos mineiros de Bolivia, pero sei que pagou a pena. Basilio cóntanos cómo é a súa vida na mina dende unha sabiduría precipitadamente madura que o obrigou a exercer de pai de familia. A súa expresión e as súas verbas non pretenden conmovernos, ten unha mirada tan limpa como a que reflexa a fotografia da esquerda. Fala coa seguridade do que sabe o que quere, porque ten que vivir hora tras hora, día tras día no inferno, literalmente. Unha das esceas que más me emocionou foi a explicación que lle deu ao seu irmán cando o leva a presentarlle ao tío (o demo) que está representado en tódalas minas:
¿sabes quen é o tío?, non, cando viñeron os españois os indios pensaron que eran deuses pero logo que os meteron nas mitas os indios protestaban porque os facían traballar vintecatro horas seguidas e descansaban só tres e entón os españois que sabían que os indios tiñan moitos deuses asustáronos dicíndolles que se non traballaban un deus os mataría (o demo) e como en quechua non tiñanos a letra "d" para deus entón empregaron o "t" e por iso lle chamamos o "tío".
Cincocentos anos despois da conquista a situación non é moito mellor. A mita, o sistema de explotación na época colonial, é a forma embrionaria do actual sistema de explotación derivado do desenvolvemento incontrolado do capitalismo, que unha vez liberado do seu competidor deu nunha sorte de globalización económica baseada na procura das desigualdades, marxinacións e inxustizas que se precisan para manter ao primeirísimo mundo no cumio da degradante, hipertrofiada e espero que autodestructiva opulencia.
A foto da dereita representa a un rapaz mascando coca, forma parte do artigo de Mª Jesús Rodríguez de la Esperanza, "Bolivia: arqueología viva de la minería colonial". Non hai moita información na rede sobre o tema. Malia a importancia deste documental, premiado en moitos festivais, na web en español se produrades "El diablo en las minas" atoparedes máis páxinas de xogos e de esoterismo en xeral que información sobre a película. En fin.
(2005) 81'56'
'DIRECCIÓN: RICHARD LADKANI, KIEF DAVIDSON
GUIÓN: RICHARD LADKANI, KIEF DAVIDSON
FOTOGRAFÍA: RICHARD LADKANI
MÚSICA: LEONARDO HEIBLUM, ANDRÉS SOLIS
PAIS DE ORIGEN: ESPAÑA
1 comentario:
Esta é a páxina web do excepcional documental do outro día, debaixo do Cerro Rico en Potosí, no mesmo lugar que os españois furaran desde o século XVI: nengunha pinga de riqueza deixou naquelas terras. Parece incrible, pero tristemente certo. http://www.thedevilsminer.com/index_new.html
Nota: os entroidos por aquelas rúas de Potosí lembran as da rúa Príncipe: globos de auga, esprais de escuma. Será a globalización do entroido?
Publicar un comentario