jueves, marzo 29, 2007

Dúas cartas inéditas sobre a Revolución Francesa

En Murguía, a Revista Galega de Historia, publico dúas cartas inéditas que atopei durante un traballo de organización dun arquivo familiar. A singularidade destes documentos radica no seu carácter totalmente privado. Fronte a rixidez do documento arquivístico público, que sempre fai un relato aséptico de máis, atopámonos nestas cartas cunha proba da repercusión real da Revolución Francesa na vida cotiá das persoas que vivían eses momentos. Concretamente trátase de dúas cartas dun crego que escribe dende unha localidade francesa e dirixidas a una autoridade eclesiástica do noso país nas que da conta de tódolos cambios revolucionarios dos que é testemuña, sobre todo no que atinxe ao estamento eclesiástico. Podedes acceder dende aquí ao texto completo dos documentos.
A carta remata deste xeito tan curioso: "...Ahora mismo llego a la noticia que la asamblea nacional ha dispuesto que las cenisas del famoso Boltaire (que su alma quema en los enfiernos) que sean trasladadas a Paris con la maior Ponpa y se depositen dentro de la basílica de Santa Genobefa a fin de que el honbre mas celebre dese modo sea colocado dentro de la mas Noble Yglesia de este Reino en un Manifico Mausolo. (signo)..."

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Descripción de primeira man. Como cambia a grafia..., o sentir percibese ainda co paso dos anos.
Canto faltaba e canto falta por cambiar...

R.R. dijo...

¡Alucinante! É boísimo. Xa me marujearás dese arquivo familiar...

Anónimo dijo...

Moi interesante como recurso didáctico para as clases de historia, grazas

Anónimo dijo...

Noraboísima

Anónimo dijo...

Que maravilla! Encántame atopar estes delicioso buraquiños espazo-tempo que nos transportan ó rebumbio do París revolucionario. Melancolía polo que aquí non pasou, polo que puido ser e non foi? May be, my friend. Un can sen dono.

Ana Bande dijo...

Hei ¡can sen dono! ¿es ti compañeiro? ¿cómo vai esa vida pola illa? Estou encantada de volver saber de ti. Unha aperta.