miércoles, marzo 28, 2007

¿Tan mal está o teatro galego?

Onte pola noite vendo a gala de entrega de premios Maria Casares de Teatro quedei tristemente sorprendida polo ínfimo nivel dun espectáculo no que se trataba precisamente de homenaxear ao rei dos espectáculos. Unha posta en escea pobre e sen sentido que semellaba unha actuación de fin de curso escolar. Tan pronto saía unha cantante sen que ninguén a presentase como un grupo de metais que interpretaban temas e himnos que segundo algún título de crédito (cando se lembraba de poñelo) tiñan algo que ver coa memoria histórica, todo no medio dunha representación lunática cun guión reveindicativo do papel da muller e "amenizado" por un presentador ao que ninguén lle entendía os "chistes". Demasiados premiados que non apareceron e cuxos galardóns eran recollidos pola mesma persoa que xa cansa de subir ao escenario se despachaba con "bueno, xa eu xa non teño nada que dicir, marcho". ¿está o noso teatro tan mal como para merecer esta pobreza?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois si. Sen público, como vai estar? Aquí R.R. pode falar mellor ca mín, pero as noticias que eu teño non poden ser peores. E imos para abaixo.

R.R. dijo...

(Non sei cantas veces entrei aquí e non me dou atrevido a opinar)

Anónimo dijo...

A gala deste ano comparada ca do ano pasado estivo incruso pasable, así que imaxínate o terrible espectáculo que tiven que soportar en vivo e en directo o 2007.
O das limusinas podeían térselo aforrado e contratar uns guionistas que poidesen facer unha gala coma un todo significativo. Unha aperta
ANA

ulises dijo...

HOLA COMPAÑEIRA.

VOTA UN VISTAZO:

www.ponteatro.mi-web.es

Anónimo dijo...

Nueva dirección.

www.ponteatro.es