viernes, marzo 16, 2007

!Parabéns Mario!

Coñecín a Mario con motivo do conflicto laboral que tivemos parte do persoal da Universidade de Vigo porque nos fixo unha fotos impresionantes. Agora, paseando pola súa páxina descubro esta outra obra súa que quería compartir con vós.
Dedico este post a R.R. Veño de rematar coa lectura da súa obra Limpeza de sangue que ten moito que ver coa fotografía.

3 comentarios:

R.R. dijo...

De novo gracias, Ana. Descubro que Tom Waits tamén é un pracer -ou unha dor- común. Recoméndoche o seu disco "Alice", cómo non. E vexo nese blog que enlazas ó lado -Máquina de Huesos- que TW participa nunha peli sobre un conto de Keret que recomendei aí atrás. Os ditosos fíos existen, ou a teoría do caos, algo diso, ¿non é? Por certo, o libro de Mazen Kerbaj segue sen ser sequera enviado, na librería na que o pedín están á espera de que lles chegue :(

Espero esa crítica e ese café (aínda que teña que ser sen MK)

Bicazo.

R.R. dijo...

Por certo, o fotolog de Mario, rebelados, IMPRESIONANTE. Outra vez gracias, desta polo enlace.

Ana Bande dijo...

Ola R.,
Xa ves meu, esta aldea global ao final ten cousas boas. Do amigo Tom xa teño o que me recomendas, dende logo "Alice" é un reconstituínte moi bo...Tamén che teño que agradecer o enlace para mercar o libro de Mazen, esperarei un pouco se din que aínda non o teñen. A crítica xa cha teño, escribinche unha carta que sei que che vai gustar máis que unha mensaxe electrónica, o que pasa que non atopo a túa dirección, lémbrama por favor. Xa que os do norte nos tendes un pouco de xenreira subirei eu por aí para que me convides a ¿non era unha cervexa?....Unha forte aperta.