lunes, marzo 26, 2007

Europeana. A contribución francesa á Biblioteca Dixital Europea.

Europeana é un prototipo de biblioteca en liña desenvolvido pola Biblioteca Nacional de Francia dentro do proxecto de Biblioteca dixital europea. Comprende 12.000 documentos libres de dereitos recollidos da BNF, da Biblioteca Nacional Széchényi de Hungría e da Biblioteca Nacional de Portugal. Pódese procurar por autor, país, data ou lingua e tamén se poden descargar os libros de pdf. Permite tamén ter un espazo para gardar as nosas buscas.

Máis información: Le Monde

1 comentario:

Moralla dijo...

Non hai comentarios? pois paréceme un post cun información cultural moi interesante. Todo sexa por contribuír á lectura e, en definitva, á cultura!!
Un bicazo Ana :-)