Teño a sorte de celebrar o meu aniversario nun día tan significiativo coma este porque no canto de pensar nos anos que me van caendo enriba paso o día mirando novedades bibliográficas, visitando librerías aínda que sexan virtuais e lendo as páxinas culturais dalgún xornal que se lembra deste día. Ata hai pouco lamentaba profundamente ter que vivir nesta cidade porque se ben todo o ano ten un comportamento diferente a calquera outra das que eu vivín, os 23 de abril, cando caía en domingo, os lembro como unha procura desesperada dunha librería aberta que organizase algún evento acaído ao seu producto estrela, ou algún outro acto que me permitise pasar o día remexento anaqueis. Pois non, nada de nada, tiña que voltar para casa de baleiro e ollar con envexa o ben que o pasaban os cataláns co seu Sant Jordi. Que lle imos facer, estamos nunha cidade moderna e contemporánea. Hoxendía están máis de moda os macroeventos culturais e seica temos oportunidades abondo para pasar o día disfrutando de libros e lecturas (???). Eu xa non preciso. Agora teño este meu espazo e outros currunchos nos que participo onde se fala de boas lecturas e prefiro pasar o día navegando por estes mares.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
10 comentarios:
Reciba os meus parabéns por duplicado, polo aniversario e polo blog.
Felíz día, Ana.
Un par de rosas (roxas, como non), logo, para ti.
Vaia, parabéns e boas lecturas. Por outra banda, ¡en cantas cousas aínda temos que aprender dos cataláns!
E que cumplas moitos máis
Parabens que han chegar algo tarde pero non por iso menos fortes e agarimosos!
é de lóxica pura... nacendo nese día, ¿como non che ían fascinar os libros? algo máxico ten que ter cando cervantes e shakepeare decidiron deixar de respirar, abrumados polas letras.
por certo, os precipicios tamén naceron o mesmo día ca ti,onte cumpriron un lustriño de nada.
apertas!!!!
Parabéns Ana, aínda que sexan con retraso :-)
Jrasias a tod@s podedes vir a tomar o que queirades.
Apúntome ó convite e felicito aínda que sexa con retraso. Non diga cifras, tiro de orellas unha vez e vostede multiplica canto sexa necesario.
Bicazo e parabéns.
Publicar un comentario