lunes, abril 02, 2007

A ponte sobre o Drina, de Ivo Andric











¿existiu realmente a kasaba de Visegrad coa sua charsia? ¿e a barca de Visegrad e Jamak o barqueiro? ¿e Abidaga, o terríbel enviado especial do visir para a construcción da ponte? As historias, os personaxes, as lendas, as paisaxes, as liortas, os cantares, as tradicións, a resistencia aos cambios, a tranquilidade dos tempos de paz....a vida da Bosnia profunda dende a Idade Media ata 1914, xusto no momento do estourido que soterrou tódalas esperanzas de millóns de persoas. A ponte, concretamente a súa kapia, é á vez personaxe, narrador, pero sobre todo observador e espectador pasivo do que acontece ao seu redor; dende a ponte, vemos pasar anos de paz e entendemento entre xentes de diversa orixe, raza e crenzas. Nestes tempos a kapia acolle gustosamente ás xentes que se reúnen para contar historias e facer negocios. Pero a ponte tamén asiste as esceas máis crueis dos tempos de guerras. E entón aparécesenos unha ponte ocupada por sórdidas construccións militares, algunhas destinadas aos tormentos máis desgarradores. É a historia dunha parte do mundo que pode ser calquera outra, porque en todas están as lendas, as cancións, os desexos, as mudanzas, as ilusións, a ambición, a crueldade...e en todas partes hai períodos de paz e entendemento que nun intre poden mudar nun terríbel escenario de sangue e crueldade insoportábeis.

"Na kapia, situada entre as nubes, o río e as montañas, de xeración en xeración aprendíase a non chorar mmáis da conta polo que levaban as augas. Alí interiorizaba a xente a inconsciente filosofía da kasaba: a vida é un milagre incomprensíbel, porque se gasta e esfaragulla sen pausa, e aínda así e dura e rexa coma a ponte sobre o Drina".

Traducido por Jairo Dorado Cadilla. Ed.Rinoceronte. Máis información: Wikipedia, Fundación Ivo Andric.

3 comentarios:

Silvio Falcón dijo...

Unha aperta de un rapaz de Lobios que está emigrado en Barcelona! Gustame moito o teu blog, Noraboa!

Unha aperta! Voltarei! jeje

Mrs.Doyle dijo...

Fermosas terras e fermosas augas...

Non lin esta obra pero tomo nota da súa recomendación. Grazas.

Anónimo dijo...

A kasaba de Višegrad existe e a Charshia tamén.... Lotike está soterrada no cemiterio xudeo da vila e os Mutevelić son fachendoso veciños da bisbarra.... Jamak, Abidaga, e certas partes da vila non existen; da Pousada de pedra non ficou nada e a ponte, infelizmente, está en perigo de ruina....