domingo, mayo 13, 2007

CULTUR.GAL, fóra complexos.

A Cultura galega está de festa. Cultur.gal, a Feira do Libro e da Industria Cultural de Galicia, organizada pola AGE, é unha mostra de conxunto das nosas industrias culturais o que tamén quere dicir ata certo punto, da nosa cultura.
Que somos un pobo creativo, que hai moita xente que vive deste sector, que temos productos culturais de enorme calidade...todo esto é coma un run, run, que a moitos lles sonaría, pero mostrar estes productos ao público con toda a súa variedade (audiovisual, teatro, literatura, música...) calidade e cantidade é impresdindible para colocar a este sector no lugar que lle corresponde a tódolos niveis, económico, social e por suposto de desenvolvemento cultural.
Cultur.gal é un enorme escaparate onde se amosa un amplísimo abano de actividades repartidas nuns espazos tamén variados e dinámicos e que enchen un calendario de catro días nos que non só non hai momentos baleliros, senón que hai programadas simultáneamente dous, tres e ata catro actividades. Esto é boa cousa porque quere dicir que hai moito que amosar, pero un acaba por marchar un pouco con mágoa por deixar tanto por ver.
Stands editoriales, clúster do audiovisual, foro infantil, seminario, Escola Sinsal, auditorio, salón de Actos, café literario, ludoteca, ciber, o tubo...onde se presentan todo tipo de actividades: obradoiros e xogos, curtametraxes, presentación de novedades editoriais, experimentos de dobraxe, contacontos, obradoiros de maxia, proxección de videos, emisións en directo de TV e radio, creación en directo.
Tamén e moi de destacar, e de agradecer, que se amosen non só os procuctos culturais, senón as diferentes fases dos procesos de creación, producción, distribución e difusión. Esto é interesante dende varios puntos de vista. Para o público porque coñecendo todo este proceso terá moitos máis criterios para valorar axeitadamente cada producto. Pode pensar por exemplo na morea de postos de traballo que implica a producción dunha película ou a inversión precisa para poñer en marcha un proxecto, entre outros aspectos. Para os profesionais as vantaxes de achegar figuras tan enfrontadas hoxe como creador/productor poden render moitos e bos frutos a curto prazo.
Malia todo semella que o evento tiña que ser moito máis multitudinario. A organización tiña que pensar que nestes días no entorno hai unha ampla oferta cultural e doutro tipo, que seguramente vai incidir na diminución do número de visitantes.

No apartado crítico teño que anotar tamén algunhas eivas, que as houbo. A exposición fotográfica de Blanco Amor "a Ollada do desello" sae mal parada como consecuencia dunha moi deficiente iluminación que fai casi imposible a visión por mor dos reflexos de luz. Mirade por exemplo esta fermosa fotografía de B.A. "As Ponte de Ourense".



Só unha crítica máis. A situación do stand da libraría Andel, detrás da instalación da Radio Galega, non invita á visita pola súa ubicación totalmente desaxeitada e ata diría que illada do resto do espazo expositivo.
Cultur.gal comeza con forza. É unha aposta firme polo desenvolvemento do sector cultural.
Detrás deste evento, sen dúbida, hai un enorme traballo e un equipo de profesionais cunha ilusión moi grande co este precioso proxecto. Parabéns pois e xa a preparar o II Cultur.gal ¡misión cumprida!
Mái e mellor en: Brétemas, AGE (Asociación Galega de Editores), FranAlonso
Vídeo de Roberto Pérez Pardo, director de Culturgal en Vieiros

9 comentarios:

Anónimo dijo...

¡Bonita camiseta! Agora xa se poderá vestir a cultura galega durante todo o ano, e non só durante esta fin de semana ;)

Nuca dijo...

vin o programa e pareceume certamente interesante, especialmente a existencia dunha programación infantil. Boa idea para xente coma min que temos cativos na casa e gostamos de participar xuntos en actividades

Anónimo dijo...

Agora non estaría de máis que cresemos todos dunha vez, e de verdade, e para sempre, na creatividade máis no talento que hai aquí.

Unknown dijo...

agora son eu quen che agradece a túa ollada portátil sobre o evento de cultur.gal.
apertas

Ana Bande dijo...

Claro que sí, iniciativas así temos que apoialas e defendelas. Todos temos moito que aprender e os creadores tamén, a creación non ten por que estar enfrentada coa producción.

Anónimo dijo...

Por que apocalipse do porco di que non había moita xente?

Ana Bande dijo...

Arume,
Eu estiven o sábado case todo o día, dende as 12:00 ata as 19:00 e non calificaría o evento de fracaso de público. Hai que ter en conta que é a I Edición e que o evento coincide cunha oferta cultural no entorno que ben seguro lle quitou moitos visitantes potenciais. Tamén xa comentei que non favorece o tema da campaña electoral, o escaso tempo de ocio do que disfruta a maior parte da poboación traballadores non da para moito e o tema cultural ou é moi ben publicitado e difundido ou non ten nada que facer con todo eso que dixen, sen falar do fútbol, claro. A min pareceume un evento sen precedentes aquí en Galicia e canto máis o analizo máis o valoro. Ofreceuse unha panorámica completísima da nosa industria cultural (porque de eso vai a cousa), e non é pouco saber cómo achegarse ás nosas discográficas, ás nosas produccións audiovisuais, á música que van os mozos agora...o máis rico. A programación de actividades era abraiante, e claro merecía moita máis xente, pero eu son optimista, penso que os próximos CULTUR.GAL serán un referente da nosa cultura moi importante, apostas. Bueno, nótaseme que me gustou o tema ¿non?

Marcos Valcárcel López dijo...

A xente xa chegará: cando se fan ben as cousas, acaban funcionando e consolidándose. A campaña non debeu axudar dende logo. E mira que os discursos electorais están máis que repetidos...

R.R. dijo...

Joder, agora si que teño raiba de non terme achegado...