sábado, mayo 12, 2007

Dende CULTURGAL

É a primeira vez que saco o blog a rúa, pero a ocasión o merece. Estou no ciber de CULTURGAL e dende aqui vos animo a pasarvos por esta magnífica mostra da cultura galega. Aquí podedes ler, escoitar boa música, ver bos documentais, e ata un ciber dende que facer a crítica da feira. Aquí hai un bo traballo, xente con ideas ven de por a semente dun evento que xa teño por seguro que vai ser un referente nacional. A montaxe funciona ben e hai espazos moi interactivos e interesantes. O ciber por exemplo. Unha idea xenial porque podes descansar da visita, é unha boa idea para manter un pouco máis de tempo á xente. Hai outro espazo moi interesante, unha sala de intrumentos musicais e aparellos de música onde uns monitores ensinan a uns rapaces a pinchar discos e lles falan de revolucións por minuto. Os acompañantes me reclaman, xa vos contarei máis. ¡vinde xa que mañá remata!

No hay comentarios: