viernes, mayo 04, 2007

Mazen Kerbaj, o libro

Por fin o meu alter ego de carne e oso, a Ana B. Bande terrenal agasalloume co libro que lle pedín hai tempo. Magnífica ocasión para lembrar outra vez miña descoberta máis sobranceira na rede naqueles días terroríficos do pasado verán, o blog de Mazen, do que xa vos falei abondo. Mercar este libro, para min, ten moito máis sentido que apadriñar un neno, por exemplo, e non se me asusten os defensores das ONG e accións altruistas en xeral. O que pasa que non acredito nesa fórmula e venme á cabeza o despacho dun empresario ricachón que ten unha cafetería no meu barrio no que se ve dende a beirarrúa alomenos unhas vinte fotos enmarcadas en prata de nenos de razas diferentes, unha estratexia de marketing tan penosa como aquela das mesas petitorias onde as requintadas señoras máis ricas do barrio pedían (perdón, piden) para os negriños de África. Mercar este libro é darlle folgos a este home de sorriso amable para que continue disparando cua súa trompeta e o seu lápis. E se ademáis o dou a coñecer aos dez ou quince que sei que me visitan a diario non é pouco pedir neste tempo no que da prensa só imos ao autodefinido e ás viñetas de Forges (e menos mal) pasando xa sen pararnos nos titulares que nos informan dos mortos do día no Irak, etc, etc. Pódese mercar aquí.
Empregando as técnicas máis modernas de marketin direivos que outros blogomilleiros xa o mercaron.

6 comentarios:

R.R. dijo...

Vas ver como o disfrutas. Cojonudo. Por certo, cando teña dúbidas co francés dalgún texto -de momento voume defendendo, será polos debuxos xD- xa sei a quen consultar.

Alégrome de que xa o teñas nas mans. ¿A que é chulo? POis xa verás cando o remates (se é que es quen de deixalo algún día). Impresionante.

E gracias por darme a coñecer a ese mago.

Ana Bande dijo...

Ei Rubén! Estou namoradísima deste rapaz, gústanme os seus debuxos, a súa filosofía e o seu sorriso, só me falta escoitalo tocar a trompeta...ogallá veña pronto.

Ra dijo...

Gracias por la información, Ana...usted ya sabe que comparto su pasión por Mazen. Besote

Beluka dijo...

boas ana! noraboa pola adquisición! no meu grupo do máster seguimos co proxecto con kerbaj,só nos faltan poetas libaneses, pero estamos traballando niso!!
xa che amosarei o resultado :)
unha aperta grande! e cóidame vigo que xa logo vou ;)
por certo, segues na fft?
bicos!

Manuel Ángel Candelas Colodrón dijo...

Sei que aprecias estas recomendacións: Boban Markovic
Cazurro Burgos

Unknown dijo...

Novo blog