domingo, mayo 06, 2007

Tamara de Lempicka vs. Maruja Mallo
















Xa outros fixeron reseñas acertadísimas sobre esta magnífica exposición que podemos disfrutar na Casa das Artes en Vigo. O meu crítico particular lémbrame a extraordinaria pintora galega Maruja Mallo. Non está de máis aproveitar esta ocasión para amosar un pouco o orgullo de contar entre nós con mulleres artistas cunha obra excepcional que merece moito maior recoñecemento.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Gusto máis, moito máis, de Maruja Mallo ca da Lempiska. Pero non por afinidade xeográfica.

Ana Bande dijo...

Claro amigo Arume, eu tamén, o post non era un desafogo nacionalista senón artístico.

Beluka dijo...

Eu perdinme a exposición (por despiste, encima!) e non sei se poderei ir. Para min andan aí-aí,pero se cadra eu quedo con Lempicka :) Non só por levar a contraria.
Apertas!

Ra dijo...

A cual mejor..
Abrazo

Mrs.Doyle dijo...

A min gústanme as dúas pero penso que Maruja Mallo non está no lugar que debería (como outros moitos pintores galegos)e que xa é hora de remedialo.

torredebabel dijo...

concordo con Mrs.Doyle, vai chegando o momento de lembrar a Maruja Mallo. Se cadra, até podiamos comezar a facelo nós mesmos no blogomillo. Por qué non?

Anónimo dijo...

Eu tamén penso que Maruja Mallo é unha inmensa descoñecida, e con todo teño que dicir que nestes últimos anos spuiden admirar parte da súa obra en pequenas /medianas exposicións tanto en Vigo como en Compostela. Quedei namorada da súa pintura
Non fun a expo de Lempicka ainda, pero coñezo ben os seus cuadros expostos en varios museos de Europa. Segue parecéndome de volumes cortantes e duros...

Anónimo dijo...

Concordo totalmente co último comentario de Susana C. e engado: un pouco reaccionaria e cun toque kitsch. Pode que iso guste agora, tras pasar polo pop. No meu comentario á exposición, non quixen ser moi crítico, pero véxoa sobrevalorada. Coma o de Kahlo. As circunstancias vitais parecen prevalecer ás estéticas.