Parabéns ao Concello de Porriño por ter organizado este concerto. A orquesta de cordas do conservatorio de Música de Vigo no que tamén participaron rapaces da Escola de Música do Porriño. Unha ledicia escoitar a estes pequenos. A música clásica precisa de moitas accións coma esta. Parabéns oo seu director J.M. Fernández que nos amosou o resultado do seu grande traballo. Un concerto preciosos donde maiores e pequenos disfrutamos da música clásica.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
3 comentarios:
VExo a foto e, como non podo escoitar aos rapaces, observo que o local está moi ben. Teño ido moi ocasionalmente a salóns de actos de concellos que son un verdadeiro páramo: este semella ben elegante e ata podo mesmo apreciar a calidade da música gracias as telas que adornan o esceario. Estou confundido?
Non estás confundido, o local está ben malia a incomodidade das localidades. O realmente precioso e ver a rapaces dende 8 a 18 anos disfrutando coa música e cos seus instrumentos e aos pais, claro, todos emocionadísimos cos nosos pequenos e non tan pequenos.
Eu fun hai pouco a escoitar ós nenos dun conservatorio amoreados nun pequeno estaribel e aínda non dei esquecido o ben que soaban algunhas pezas: había algunha tuba gloriosa (impresionante o contraste de tamaños), unha intérprete de trompa que daba gañas de irlle alí a dar un abrazo de vez de quedarse sentado aplaudindo, en fin, paseino como un enano e gustaríame que os meus fillos accedan á formación musical á que eu non puiden/quixen
Publicar un comentario