viernes, julio 13, 2007

Estou vivo...

Aser Fdez. Rey. Sin título. [Acrílicos sobre lenzo]

Estou

vivo, iso podo decircho

con seguridade, porque sinto como

se me rompen articulacións e extremidades,
tamén esta sensación de vertixe, e unha moi leve

brisa que refresca un corpo queimado por esta febre,
penso que hai alguén aquí comigo, sinto por veces o bafo

dalgún doente, por veces, aínda que estou completamente durmido,
podo adiviñar un corpo a carón do meu corpo, mesmo semella que unhas

mans queren acariciarme e cando comezo a disfrutar desta brevísima felicidade
as feridas volven abrir e a carne racha con máis facilidade, ata que volvo quedar illado da existencia....

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois eu ás veces non sei se estou morto ou só mal enterrado.

Anónimo dijo...

jajaja! que bo!
se queres, kedamos pra tomar unha copiña a tres metros baixo terra, e así resucitas un chiskiño
Yoli