Con Triunfo Digital reaparece públicamente a revista que nos anos 60 e 70, dúas décadas cruciais, encarnou as ideas e a cultura da esquerda do noso país e foi símbolo da resistencia intelectual ao franquismo. Triunfo mudou de pel en 1962 e, deixando atrás ao inesquecíbel semanario cinematográfico precedente, acadou seu antigo soño de converterse na revista de información xeral cando un nomeado grupo de comunicación se propuxo obstinadamente editar Triunfo. Dúas ideas fundamentais guiaron a revista dende a súa nova situación profesional: dirixirse ás maiorías e transitar por vieiros culturais para que as súas páxinas poideran acoller as grandes correntes do pensamento europeo. Triunfo emprendeu entón un camiño sen volta co firme propósito de atravesar aquela escura época facendo un periodismo insubornábel que restablecera a memoria histórica, arrincada dos españoies pola violenta agresión dos vencedores. Ao aparecer nos quioscos o 9 de xuño de 1962, Triunfo non deixou xa nunca de recoller e destacar nas súas páxinas cantos acontecementos de natureza cultural e ideolóxica foran sucedendo no noso país e que afectaban á propia revista, como a prolongada vixencia da antiga lei que Franco e Serrano Suñer dictaran un cuarto de século antes, en plena guerra civil, impoñendo unha férrea censura que foi culpable de que o noso pobo chegara a esquecer a súa propia historia, ou cando, en 1966, casi 30 anos despois, Fraga pregoaba "a fin da censura previa" coa súa nova Lei de Prensa e Imprenta, auténtico fraude político agachado baixo unha prosa xurídica formalmente moderada que non lle impidiu reformar o Código Penal para radicalizar a represión hasta extremos inusitados. No seu propio ámbito, a revista soportou incomprensións e desencontrol. O simple feito de que, moi pronto, conquistase a atención dos que procuraban naquel deserto comunicacional que era noso país unha mensaxe de liberdade e que se estendera a nova de que había que ler Triunfo, publicación en auxe polo seu inequívoco talante progresista, creou momentos de tensión entre a redacción e o grupo editor, circunstancia que acadou extremos intimidatorios pola acusada intolerancia de algúns personaxes do seu Consello. A tensión entre Triunfo e os seus financiadores medraba cando, inesperadamente, apareceu a crise: aqueles sufriron tal descalabro económico que todas as súas empresas pasaron a depender do seu acredor, o Banco Atlántico. A situación enrareceuse cando se soubo que a cúpula do Atlántico a integraban significativos membros do Opus Dei. A evidente disparidade entre a coñecida asociación relixiosa e as ideas defendidas por Triunfo facía presaxiar un final irreparable: era preciso transmitir ao propio presidente do Atlántico a idea de que a desaparición da revista sería interpretada como un ‘axuste de contas’ ideolóxico e que, si o Banco se mostrara comprensivo, quedaría patente que a Obra non desexaba consumar ningunha acción que semellara represalia. Admitida positivamente a proposta, Triunfo acadou o seu obxectivo e, por vez primeira, a revista sentiuse absolutamente libre, sin depender económicamente de ninguén. De feito foi unha simbólica reedificación da revista sobre si mesma que, para evocala, adoptou un lema como santo e seña para o futuro: o predominio da razón ideolóxica sobre a razón económica. Comezaba unha época dourada, a do “Triunfo das luces”, que levou á revista cara o cumio da súa influencia cultural e ideolóxica. Ao través dos números monográficos, abordou temas hasta entón prohibidos para a sumisa e insulsa prensa da época. Pero o omnímodo poder do autócrata e dos seus vigarios non foron quen de aturar o auxe e a liberdade que a revista acadara e, cando apareceu o monográfico “El matrimonio”, castigouna cos máis duros correctivos que aquelas leis sectarias aplicaban a quen se atrevía a desafialo: secuestrou o número, abriu un sumario no Tribunal de Orde Público e, por especial acordo do Consello de ministros, Triunfo foi suspendido durante catro meses e multado cun cuarto de millón de pesetas. Miles de adhesións de seus lectores expresadas mediante suscripcións extraordinarias mitigaron o golpe sufrido. O acoso gubernativo á revista non parou e o número no que se publicaba o artigo de José Aumente ¿Estamos preparados para el cambio? (el 656 de abril del 75) era tamén suspendido durante catro meses polo Consello de ministros que o considerou como atentatorio contra a seguridade do Estado. A morte de Franco ocorreu durante aquela suspensión e Triunfo, amordazado, no puido pronunciarse periodísticamente sobre tan histórica situación. Impotente, viuse confinado a presenciar dende o arcén da Historia como o Grande Cortexo fúnebre se encamiñaba cara o Val dos Caídos. Pero aquel Poder era insaciable no seu acosamento a Triunfo e así, o 24 de xullo do mesmo 75, abriu expediente á revista pola publicación no número 669 dunha entrevista de Montserrat Roig a José Andreu Abelló considerando que o texto vulneraba o artigo 2 da Lei de Prensa e Imprenta. E para maior afrenta aínda, os indultos que o primeiro goberno da Monarquía (12 de decembro do 75) concedeu ás publicacións e periodistas sancionados por transgredir a ley de Prensa non se confiriron a Triunfo, que tuvo que cumprir íntegra toda a súa condena. O 10 de xaneiro de 1976 reapareceu Triunfo cunha significativa portada: A resposta democrática. Os máis de 166.000 ejemplares da súa tirada desapareceron nas mans dos seus lectores nunhas horas, o que confirmaba o seu inicial obxectivo de ser unha publicación para maiorías. Non obstante, naquela confusa e irreflexiva época de balbucente democracia con profusión de partidos políticos á caza de poltronas no Congreso e no Senado, a revista iniciou o seu declive porque boa parte dos seus leais ‘esqueceron’ a Triunfo e os seus méritos. E a revista sufriu unha caída xa imparable que a levou en 1982 a un final paradóxico e desolador: a publicación que máis loitara e padecera en España pola liberdade e a democracia, desaparecía por mor da lei do mercado tres meses antes de que a esquerda de entón chegara coa maioría absoluta al poder. Triunfo foi unha singular obra colectiva que xuntou a un equipo excepcional de periodistas, paradigma profesional da segunda metade do século XX. Ante a imposibilidade de nomealos un a un, que sería o xusto, baste aquí con sinalar no seu nome aos máis lembrados dos desgraciadamente desaparecidos: Eduardo Haro Tecglen, Luis Carandell, Manuel Vázquez Montalbán...
Como memoria indispensable daquelas dúas décadas cruciais da vida española, Triunfo Digital ofrece aos investigadores do porvir o considerable, inmenso contido cultural e ideolóxico dunha revista que o propio Montalbán gabou con estas verbas: «Me vinculé a Triunfo en el momento de su definitivo despegue como medio en el límite del posibilismo crítico contra la dictadura, cumpliendo el papel de órgano cómplice de la reconstrucción de la razón democrática de España después del asalto a la razón perpetrado por las hordas franquistas en 1936. He de decir que vivir el agostamiento del franquismo dentro de Triunfo como uno de sus más frecuentes colaboradores, ha sido la situación más satisfactoria de mi vida, por encima incluso de premios nacionales o internacionales aportados por la literatura».
Texto: José Angel Ezcurra.
Tradución: Ana Bande.
1 comentario:
Cojonudo post. Estás que te sales, chavala.
Na miña situación non podía esperar outro tema de portada cando me puxen a consultar o número da data do meu nacemento:
http://www.triunfodigital.com/mostradorn.php?año=XXIV&num=407&imagen=1&fecha=1970-03-21
xD!
Publicar un comentario