martes, agosto 28, 2007

Carta aberta a Rosa Regás.

Prezada Rosa,
Nunca pensaras neste voráxine de pseudonoticias que ían levarte as portadas de tantos xornais, protagonizar unha morea de debates dos máis sobranceiros representantes da intelectualidade bibliotecaria, se se me permite o oxímoron, columnas dos máis revirados, sic, refinados, "analistas" da actualidade.
Muller, de esquerdas, sen pelos na lingua, eres unha suicida tía. Pero ¿de verdade pensabas que a política, e máis en concreto, a política cultural (molesten o abuso da figura literaria) e máis en concreto a xestión dunha biblioteca, e ademáis a Nacional, tiña algo que ver con esoutro mundo do libro, o dos contidos, o da creación, o das boas ideas e a xenerosidade que implica defendelas?
Antes a valentía dos que tiñan ideas pagábase na fogueira, agora están os medios de comunicación, que é o mesmo que dicir a política, os que te acosan e te afogan e turran a gusto da corda porque falaches alto e claro, pero ¿que pensabas? ¿que ían deixar así a cousa? Pero muller, é que os anos non che aprenden, sonche vengativos e agardan o momento para atacar do xeito que saben, en grupo, coma esas feras do video do youtube.
O das follas da Cosmografia de Tolomeo xa sa sabía dende hai anos o seu autor, penso que ata o comentei tamen neste meu bló, non sei, xa non lembro. Aquí mesmo vos deixo o video que acredita o caso. E rematarán por pedirche explicacións dos milleiros de incunables de levan perdidos dende os tempos do rey Felipe. Preguntádelle a moitos dos "investigadores" que tanto falan de ti estes días. Aposto o meu exemplar das"Quaestione Disputatae" de Tomás de Aquino a que teñen verdadeiros tesouros bibliográficos co selo dunha biblioteca nos seus preciosos despachos de caoba. Onte Aitana Sánchez Gijón sorría fachendosa ante esta "feliz coincidencia", o roubo na Biblioteca Nacional, mira ti por donde, pode traducirse en espectadores para a súa película, que non menciono porque non me gusta nada nin o autor nin a novela. Pois nada, tomade nota e a asaltar bibliotecas, pode ser a solución interesante para paliar febleza do sector.


12 comentarios:

Anónimo dijo...

Amiga Bande:
Concordo coa túa consideración acerca da churrascada feita con carne regás. Pero regás é oso duro e non se deixa comer así como así. No meu blog, feliz coincidencia (parezo aitanita), falo do mesmo pero con menos vitriolo. Pero creo que tes máis razón ca mín. O que pasa é que tiña o día débil.
De todas maneiras, espero que o asunto traia boas consecuencias e vaia alguén competente e non o típico intelectual que sabe de libros porque le. Pero ti tranquila, non te vou propoñer ao Kaiser Antonius por puro egoísmo: que imos facer nós sen a túa presencia. Que busquen eles.

Ana Bande dijo...

Benvido Arume, xa me estaba tardando telo outra vez á miña beira, non sabe vostede o que agradezo os seus cumpridos, aínda así non sei se serei quen de reflotar, en fin, xa lle contarei en vivo e en directo...

Anónimo dijo...

Pois a min, que queredes que vos diga. Esta xente escollida a dedo ten que saber que vai ser botada a dedo. E punto. Que a botan por ser muller e de esquerdas? E quén lle di a vostede que non foi elixida por iso mesmo? O Kaiser Antonio xa terá en mente ao seu elixido, alguén da súa corda/cuadra, por suposto, quén sabe se non será algunha outra muller, de esquerdas e amiga de falar claro.
O problema remataría se fose posible (que non sei por qué non pode ser) que o director da BN fose un funcionario que gañase a plaza en boa lide.

Ana Bande dijo...

Amigo Highway, elixida a dedo sí, pero non a botan a dedo, ela dimitiu ¿non si? E non pense vostede que por gañar a praza ía ser mellor a cousa ¿ou vostede aínda cre que os que "gañan" as prazas teñen máis mérito? Se eu lle contara seguro que deixaba de crer de contado, pero non penso facelo aquí, de momento. Ao asunto. Ao tema. O tema de que só poidan traballar nas bibliotecas xente de bibliotecas non estou de acordo, por suposto, porque tampouco, que eu saiba, a ministra de vivenda ten ningunha formación en xestión urbanística nin a totalidade dos alcaldes teñen formación en xestión municipal. Para xestionar/dirixir un choio, aínda que sexa a Biblioteca Nacional fan falta moitas capacidades ademáis de coñecer do formato Marc e ter un curso de habilidades predirectivas. E para min, Rosa Regás, por exemplo, tiña eses recursos menos un non pouco importante, facerse co equipo, iso non o conseguiu nunca.

Anónimo dijo...

Ola, Ana.
1. O de dimitir/ser botado é unha cuestión puramente formal, sobre todo neste caso no que a afectada deu como única razón para facelo as presións do novo xefe.
2. Efectivamente, non penso que por gañar a praza ía ir mellor o asunto, só digo que se acabaría o problema de que cada vez que chega o ministro ou partido de turno poñan en práctica o "quítate tu / para ponerme yo" habitual, movemento que xeralmente ten pouco ou nada que ver coas cualidades do elixido/dimitido.
3. Os que gañan as prazas en boa lide, repito, en boa lide, teñen bastante máis mérito que os escollidos a dedo.
4. Eu non dixen que o funcionario en cuestión tivera que ser bibliotecario, iso supono vostede. Digo que ten que ser o máis apto, e a aptitude ten que ser demostrada máis aló da confianza ou apoio dun/s tipo/s.
5. E sigo sen saber por qué a dirección da BN ten que ser un cargo político. Entendo que o sexa un ministerio ou unha alcaldía (que é un caso distinto porque non é un cargo elixido a dedo), pero non a BN: que un reitor escolla a un vicerreitor entre os seus acólitos paréceme razoable, pero que o teña que ser o encargado da biblioteca universitaria pareceríame un exceso, non si?

Ana Bande dijo...

Que hai de nuevo viejo...(pi...pi..)
Vale, por puntos.
1. Non tan baladí é esa cuestion. Se cundise o exemplo de Rosa e dimitisen só uns pouquichiños dos que se ten probado ata a saciedade a súa incapacidade/inoperancia/inoquieroseguir....canto se melloraría!!!
2. Uf!!! non me atrevo a concordar con vostede. Despois da farsa de tantas "deposicións" casi prefiro o desa cantilena "quitate tu para ponerme yo" que ter o posto asignado de por vida a un/unha carracha peluda (con perdón)
3. De acordo.
4. Pois o entenderia mal entón, é que como sei do corporativismo a ultranza deste noso sector...
5. Pois non sei que dicirlle, penso que os vicerreitores tamén deberían demostrar aptitudes, a min os acólitos, adláteres e outros parasitos danme grima, que lle quere. E o no do Director das Bibliotecas Universitarias, e resto de cargos directivos (xefes de sección e todo iso...)concordo en que deben ser profesionais pero deberían rendir contas tamén da súa xestion, nestes momentos sei de máis de un/unha que vive na súa toupeira e só asoma para asinar a nómina.

Anónimo dijo...

Amiguísimos os dous: ofrecen vostedes unha das polémicas máis instructivas dos últimos días. Parece que rematou o verán: a queimar as naves, ou sexa, o Gaiás, pois.

Ana Bande dijo...

Ahhh! O Gaiás!!! Era bo ser quen de dar queimado ese barco, pero vai ser que non, é o Beaggle da nosa época, o buque insignia que xa creou escola, e velaí están seus fillos que lle aseguran longa vida, o Verbum, o Museo Marítimo, o Auditorio...deixamos crecer o becho e agora temos un exército ¿quen vai loitar agora contra os elementos"

SurOeste dijo...

Volvo ao reality show da BN:
É ben certo que Rosa Regás non ten pelos na lingua, pero non acabo de entender porque decide ela mesma sinalar quen foi o responsábel do roubo (non o ladrón, un escuro personaxe do que se di que seguramente xa cambiou de nacionalidade) senón o aval do ladrón, o embaixador Estrella. E todo a pesar de que a Garda Civil lles pediu discreción para non entorpecer as pesquisas. Correspóndelle a ela acusar? É unha vinganza? contra quen: o Kaiser Antonio, o embaixador, a Garda Civil? Cal é a estratexia, queimar todo antes de irse?
Eu tamén penso que unha institución coma a BN debería estar libre destas burdas loitas polo poder.

Anónimo dijo...

Nunca lín a Rosa Regás (nin me interesa), pero si a escoitei durante moito tempo nun programa de radio no que facía tertulias políticas e, sinceramente, parecíame unha nena pequena a que en canto non lle daban a razón acodía ó histerismo e á demagoxia máis facilona... e así se está a comportar...

Ana Bande dijo...

O asunto xa se saiu de nai hai unhas cantas estacións, a partires de entón mellor desconectar, todo que se publique, publicou, publicará, queda, cando menos, baixo a sospeita de tendencioso. Entre estas publicacións rexeito as declaracións de RR sobre o asunto do embaixador, tanto pode ser unha rabieta da protagonista da historia como a seguinte viñeda da banda deseñada por algún asesor deses que cobran por crear tema. O mellor sería que RR marchara pronto para seguir a facer o que sabe, que é escribir (falo de memoria, non lle lin nada aínda) e deixar que sexan outros os que den de comer ás hordas de buscadores de falsos tesouros.

Anónimo dijo...

Se só foran os investigadores os que afanan xoias bibliográficas na súa biblioteca... ¿devolverían os herdeiros de Cánovas del Castillo todos os libros que tomou éste prestado da biblioteca do Congreso dos Deputados de Madrid, por poñer un exempliño peregrino?