sábado, septiembre 01, 2007

Terrorista, de John Updike

¿pódese facer una crítica negativa dun autor consagradísimo coma John Updike? Non sei, pero esta novela, a primeira que leo deste autor no me provocou estremecemento algún. Recoñezo que ese realismo/naturalismo que gaban moitos comentaristas fíxoseme moi pesado. E logo está ese gusto excesivo pola descrición, eses demasiados adxectivos que amolan e recargan o texto cando do que se trata é de contar unha historia. Porque Updike nesta obra, o que pretende e introducirnos na problemática do terrorismo, de entender as causas que levan aos mozos musulmáns a devecer pola inmolación. Updike crea a Ahmad, e constrúelle un entorno a medida no que a crítica do sistema capitalista e as miserias do mundo occidental son os vieiros que explicarían esta decisión. O que pasa e que a min estes heroes da autocrítica norteamericana que gañan unha morea de cartos criticando o seu modo de vida e ademáis non teñen problema ningún en fotografarse cos corruptos líderes que veñen de atacar nas súas obras, non sei, non o vexo. Pásame o mesmo con Michael Moore. Un americano que presume de patria poñendo por riba da mesa as miserias do seu país... Non digo que os autores teñan que ser antisistema e ser bolcheviques cada minuto da súa vida, pero cando menos gustaríame que se se fai novela social e se critica un sistema que se aborrece, logo non pode un ir por ahí recollendo premios desas mans tan sucias que amosan nos seus libros.

6 comentarios:

R.R. dijo...

Pois non estou de acordo (en que a novela non sexa boa, podo estalo, pero non a lin). É no outro: probablemente sen ese punto hipócrita do autor que se mestura con aqueles ós que critica nunca chegarían ás nosas mans as letras (e as críticas ó sistema) de autores protexidos por monarquías, estados, gobernos e mercados. E poño a Sespir xa para empezar...

Espero resposta, que ando con ganas de combate. ;-D

Ana Bande dijo...

Pero non estamos non tempos de Sespir ¿non si? Nin por asomo. Estamos falando dunha poboación estudada e con acceso a información e a unha calidade de vida de nivel superior que nos permiten a todos ter a información necesaria para facer valoracións que nos tempos de Sespir non existían nin nos desbarres de Hamlet. Xa vexo que ten vostede gañas de guerra porque defender ao poder porque grazas a él coñecemos as obras dos mellores... en fin, cando menos sorprende. ¿que dirían os que foron abrasados polas fogueiras desta súa afirmación? Sespir, era un xenio dunha sutiliza tan apabullante que dudo que os capitostes da época percibisen a profundidade da súa mensase, e así coma tantos outros. Por outra parte ao poder lle ven moi ben ter ao seu carón a moitos "artistas" potencialmente perigosos, por iso están a facerlle as beiras (ou a mercalos directamente) en canto poden.
E que RR, atacar e ridiculizar a llorxuvedobrebux e logo bailar todo o tempo con él....

Ana Bande dijo...

perdoa Rubén, andiven por ahí fuchicando e non sei que fixen, xa vai ben...probando, probando

Anónimo dijo...

¡Ei ei! ¡Eu non defendo ós poderosos (aínda que non creo que sexan parvos,
nin sequera Bush, todo o contrario), defendo ós escritores que se achegan ó
poder para dar publicidade ó que escriben, aínda que obviamente a maioría
sexan xente coma César Vidal e semellantes!



Admírame a súa idílica descrición da poboación estudada: non estamos en
tempos de Sespir, opino, pero non aposto a que os tempos sexan
intelectualmente moito mellores a nivel planetario.



Si defendo, por contra, criticar a quen sexa criticable e logo bailar con el
se é necesario. A vida ten escravitudes ben peores que esa de ter que
achegarse a xente á que un non ten na menor estima. E se iso permite a quen
escribe que a crítica chegue a esa poboación tan formada, ben bailado está.

Ana Bande dijo...

Vostede di:
"non estamos en tempos de Sespir, opino, pero non aposto a que os tempos sexan intelectualmente moito mellores a nivel planetario"

Non podo concordar niso. O século de Serpir con ter moito de admirabel, non ten nada que ver intelectualmente cos nosos. A poboación era no seu 90% analfabeta e polo tanto non coñecía da cultura máis do que os curas e os donos do seu terruño lles aprendesen. Por iso eu lle rexeitaba a Xespir (vanmos matar por isto).
Non teño unha opinion idílica da poboación estudada, máis ben ao contrario, precisamente nestes tempos de acceso global ao coñecemento, o que desboto é preguuiza mental e o pensamento de supermercado. Neste contexto é moi doado que nos vendan a moto, a lavadora, os productos 0 calorías e, desgrazadamente, tamén moita literatura.
Sei que J.Updike é un consagradísimo autor con nonseicantos Pulitzer, Award, etc, etc, que seica fixo a mellor crónica deportiva que se fixo nunca e bla, bla, bla...pero que lle quere, a min, simplemente me parece que esta novela e moi simple, non me aporta ideas nada novedosas no da procura de respostas a este desencontro a nivel planetario e aínda menos me gusta o de recoller o premio das mans de GWB, como tampouco me gustaría que fose BLaden o que lle entregase un premio.
Con todo, eu non quixen xeneralizar, sólo falei de exemplos dos USA, tipo MMoore...Ogallá aquí os escritores merendasen tódolos días cos políticos, iamos saír todos beneficiados, por suposto.
Vostede di:
" E se iso permite a quen
escribe que a crítica chegue a esa poboación tan formada, ben bailado está"
Pódese chegar á xente sen deitarse co poder, claro, hai que hai que morrer antes...(hmmmmm!!!!)

Anónimo dijo...

Pódese, vaia se se pode facer unha crítica negativa dun autor consagrado. É máis, se non se lles critica máis é porque hai un certo temor a quedar coma un "isnorantes" da vida por que non fuches quen e sacarlle todo o zume a todo iso tan interesante que ese autor nos ven de dicir. E resulta que ás veces non hai máis zume que o que arde e que o autor repítese unha e outra e outra vez e é moi incorrecto políticamente... e tal, pero non renuncian a beneficiarse do sistema que critican. Concordo con vostede, ser consecuente é moi dificil. Non falo de Updike, falo en xeral, en todas partes se cocen fabas, aquí na terra tamén se fai bo caldo.