viernes, noviembre 16, 2007

Pasatempos literarios...

Non eran tempos para posar de frente, estes tampouco, malia o que che diga algún amigo que aínda segue a escribirche cartas. Certo que hai leis de igualdade de xénero (segue sen gustarme esta expresión) e bodorrios homosexuais que saen nas portadas das revistas, pero dubido que haxa unha maioría capaz de ver e aceptar a beleza desta fotografía, a natureza coa que debuxas unha postura tan feminina, como na foto aquela da praia, coa minisaia e as sandalias. Cústanos desbotar ese estrano costume de presumir das nosas perversións e acochar as cousas que realmente nos fan felices, como a beleza. Poetas, homes-muller coma ti xa non deben quedar moitos nin sequera no paraíso, Gauguin choraba pola súa extinción e deixounos marabillosos debuxos das derradeiras xeracións.

¿sabes quen é o da fotografía?

13 comentarios:

leriasaparte dijo...

Saúdos,

Gran blog, do mellorciño! Noraboa.

Espero non incomodarche, e a pesares de que leo o teu blog, agora escribo para facerme un pouquichiño de publicidade. Tiven un gravísimo problema coa Consellería de Educación, por unha substitución, e ó protestar, borráronme da lista. Contei a historia no meu blog -coa documentación incluida- co único fin de que se saiba e saber se hai máis xente pasando polo mesmo ca min. Xa vin hai algún tempo as túas propias reivindicacións relacionadas con estes temas. Agardo que entres, ti e máis xente, para que o meu caso non caia no olvido. Gracias e unha vez máis, noraboa polo blog

Anónimo dijo...

AFR!

xD!

Anónimo dijo...

O home da foto lémbrame a Blanco Amor. Estarei casualmente no certo?

Ana Bande dijo...

Bueno, paréceme increíble o que comenta leriasaparte, forma parte desa operación peraleja de falcatruadas varias para o ingreso na función pública da que tamén eu sufrín as consecuencias que algúns sabedes. Eu non puiden facer nada porque as trampas non as deixaron por escrito (desta vez) pero os que tendes papeis tendes que facer a reclamación ou a denuncia que corresponda, non é só un dereito que tendes, é tamén un deber. O que fixeron este ano na secundaria e que van seguir facendo por lei os proximos anos afecta á educación dos nosos fillos directamente. O que non creo, perdoa, é que o tema fora pola denuncia que fixeches no teu bló, a realidade sempre é máis cruelmente sinxela, simplemente o teu nome esquecéusella ao peralejos de turnor, moito máis preocupado polo bruído do seu bandullo que por unha miserable tecla do ordenador.

RR. Pois non, o AFR non vai de esmorga precisamente....está a deixarme a casa "niquelada". ¡apertas!

Ana Bande dijo...

¡¡¡¡Eiiii ApI!!!!
Premio. E iso que está de costas...Vou tomar unha cerveciña á súa saúde. A próxima vez terei que pensar que está vostede aí e elevar uns cantos milleiros o nivel de dificultade. ¡apertas!

Anónimo dijo...

He, he. Non tire conclusións "erradas" con iso de que o recoñecín de costas.

(Que ninguén vexa asomo de nada neste comentario sanamente bromista)

leriasaparte dijo...

Graciñas polo teu apoio. Eu xa estou tentanto tomar tódalas medidas que teño da miña man, aínda que algunhas, desgraciadamente, teñen que ver cos cartos e ese tema é máis complicado. O que me refiro da protesta non é referente ó blog, que o fixen a posteriori, senón a instancia que presentei e o feito de que chamei a ninguén sabe cantos cargos no seu momento. O blog fíxeno despois de que me borrasen para dar coñecemento do caso, así que non tivo nada que ver. Teño moito interse en coñecer outros casos do estilo para tomar medidas máis contundentes. De novo, moitísimas gracias polo apoio. Agradécese moito.

Anónimo dijo...

¡Joder co Apicultor!. Isto faime pensar que aquel chiste da infancia con Quevedo recoñecible ó asomar o cú pola ventá do tren estaba basado en feitos reais...
Qué ollo. (E qué ninguén vexa tampouco asomo de nada neste comentario, que falo -do verbo falar -do ollo que Apicultor tivo para descubrir a BlancoAmor en bolas)

Leriasaparte, moito ánimo e moita paciencia.

Anónimo dijo...

Cheguei tarde, pero eu tamén sabía que era Blanco Amor.

Anónimo dijo...

Tiven ocasión, sendo moi noviño, de tomar un par de veces café co Blanco Amor xa maior, que non vello. Atildado, encantado de ter mozos cos que falar e aos que fitar (quen tivo, retivo), de verbo fluído e lingua como látigo. Así é, polo menos, como o lembro dende a nebulosa.

Seguro que estaría encantado de departir con todos vostedes, en especial co R.R. por causas obvias, o cal non impediría que lle dedicase un par de frases deliciosamente envelenadas.

Ra dijo...

Me encanta.
Besitos, Ana.

X dijo...

Pois eu non o sabía :-)

Anónimo dijo...

Foto archicoñecida de Blanco-Amor, autorretrato, por certo. Ah!!! ogallá sigan a escribirlle cartas ao noso EBA, e non quede no esquecemento.