lunes, marzo 17, 2008

La pesca del salmón en Yemen, Paul Torday


A.T. recomendoume esta lectura nun día de paseo polas rúas de Giza. De non ser así creo que este título non chamaría nunca a miña atención porque a pesca en xeral e a do salmón en particular nunca foron temas obxecto da miña curiosidade. A pesca do salmón no Iemen no Iemen é o extravagante proxecto dun xeque que debeze por introducir no seu país a súa recente afección. Guiado polo poder dos cartos e a fe non albisca atranco algún para a introducción desta especie nos wadis iemeníes malia as condicións naturais totalmente adversas nesas desérticas latitudes. A historia comeza coa posta en marcha desta quixotesca angueira na que participan organismos estatais, sobranceiros centros científicos e por suposto cobizosas empresas intermediarias. O histrionismo da historia acada as súas cotas máis elevadas cando actúan os políticos, invistindo inxentes cantidades de diñeiro en ridículos proxectos que só tentan ocultar as miserentas consecuencias dos desnortados proxectos como a guerra de Irak. En cuanto aos personaxes, todos cumpren os requisitos da esperpéntica historia e a medida que esta avanza vanse perdendo contrastes e acaban por trocarse en simples caricaturas. Temos ao político necio que morre por contentar ao xefe (Peter Maxwell), á executiva agresiva e sen escrúpulos que só vive para acadar un ascenso e gañar máis (Mary), o científico iluso que acaba crendo en andrómenas e carece de vontade para tomar decisións (Alfred, o seu home), o xeque tolo, etc. Haberá que seguirlle a pista a este orixinal escritor e enxeneiro.
Versión en castellano
A.T. me recomendó esta lectura en un día de paseo por las calles de Giza. De non ser así creo que este título no llamaría nunca mi atención porque la pesca en general y la del salmón en particular nunca fueron temas objeto de mi curiosidad. La pesca delo salmón en Iemen es el extravagante proyecto de un jeque que desea introducir en su país su reciente afición. Guiado por el poder del dinero y la fe non ve obstáculo alguno para la introducción de esta especie en los wadis yemeníes a pesar de las condiciones naturais totalmente adversas en esas desérticas latitudes. La historia comienza con la puosta en marcha de esta quijotesca tarea en la que participan organismos estatales, reconocidos centros científicos y por supuesto ambiciosas empresas intermediarias. El histrionismo de la historia alcanza sus cotas más elevadas cuando actúan los políticos, invirtiendo ingentes cantidades de dinero en ridículos proyectos que solo intentan ocultar las miserentas consecuencias de desnortadas políticas como la guerra de Irak. En cuanto a los personajes, todos cumplen los requisitos de la esperpéntica historia y a medida que esta avanza se van perdiendo contrastes y acaban por convertirse en simples caricaturas. Tenemos al político necio que muere por contentar al jefe (Peter Maxwell), a la ejecutiva agresiva y sin escrúpulos que sóloe para conseguir un ascenso e ganar más (Mary), al científico iluso que acaba creyendo en ilusiones y carece de voluntad para tomar decisións (Alfred, su marido), el jeque loco, etc. Habrá que seguir la pista a este original ingeniero escritor.

5 comentarios:

la rata bastarda dijo...

tiene buena pinta ana, ahora que acabo de terminar el libro"YO MATO",(que recomiendo a todo el mundo)y no tengo nada qué leer,intentaré buscarlo y echarle un vistazo a ver qué tal....

nos hablamos despues de las vacaciones.
Biquiños guapa.
;)

R.R. dijo...

Jodeer, non das tempo, Ana, non das tempo a ler todo... ¿E qué? O libro dos alifantes vasmo recensionar ou mándasmo mercar?

O blogomillo está como a Gran Vía en "Abre los Ojos". Só estamos ti, eu, hai Brétemas e algunha rata bastarda.

Hala, vou postear.

Ana Bande dijo...

Amigo Ru,
Si, o blogomillo de vacacións, tan desacougante como o "Deserto dos Tártaros", e digo eu ¿e que todo mundo marcha a Groenlandia? Porque hoxe pecés hainos en calquera esquina, o que pasa é que hai moito Peralejo solto.
É desacougante, nen sequera está o insigne Api para botar unhas gargalladas. R., tranqui vou para túa casa.
Ah, o libro dos alifantes voucho mandar porque tardarás menos en lelo que eu en facer unha recensión.

Anónimo dijo...

anA, eso no es el guión de una novela, es la vida misma

Nuca dijo...

máis cercanas temos tamén historias similares: campos de golf en Murcia, minicentrais hidráulicas en Galicia, cidade da cultura en compostela...