Fúndenselle os tacóns na terra húmida e remexida de máis pero P. non se abandoa á displicencia da metereoloxía deste campus multiforme e din que tan funcional. Os xoves sempre sorrín con esa pouca graza que provocan aos que non aproveitaron o tempo e P. déixaos pasar ao seu carón. Adiantamentos inútiles nestas estradas que non levan a ningures. Bueno, si, levan á cociña e ao balbordo dos patios dunhas mazás que P. construiu para eles a moi baixo prezo. O decano aproveitou para rentabilizar o derradeiro traxe que non serve para tódalas recepcións. O protocolo non é doado, esixiu seminarios e conferencias abondo como para non estar á altura nesta ocasión. P. non acada simultanear a elegancia que se lle supón coas dificultades deste maldito chan que lle fai debecer polas botas de Aldrin. Non adoita pasar desapercibida mais non adiviña o brillo destas olladas bovinas que amezan con desfacerlle a axenda. Vestiron as mesas de noivas e azafatas de congresos perderon xa hai tempo o seu rimmel por chegar tarde de máis ao rito diario do saúdo ao seu deus. P. finxe non coñecer os cabos que a ligan coa camareira xa rota dende hai horas. P. simula non sentir a man no seu antebrazo e o formigueo na súas costas cando a convidan, cando a presentan, cando a lucen diante dos que tampouco se arreconchegaron baixo os estrados nos que se expuñan as teorías neocuasiliberais do propretérito século.
Agora e serio: Este libro da Jelinek é para ler ou moi tranquilos ou cunha copa á beira. Dende aquela pelicula tiña esta lectura pendiente, e agora que estou a vinte páxinas do final podedes comprobar o efecto que causa (bueno, a culpa tamén foi de P.B. que veu dar unha volta polo campus).
2 comentarios:
O botín pode ser a chave.
espelido Arume...vostede ten a chave de tódalas cancelas.
Publicar un comentario