jueves, agosto 14, 2008

Ollo de gato, Margaret Atwood

Estou lendo case todo desta escritora canadiana agora moito máis coñecida por mor do premio. Coa Awtood atopei o meu alter ego, bueno, a que eu elixiría como meu alter ego no caso de que eu fose escritora. Pode conxugar impresionantes descripcións co ton rotundo e a seguridade que a frase curta imprime á narración. Ollo de gato é a biografía de Elaine Risley, unha pintora que volve a Toronto, a cidade da súa infancia e adolescencia, para asistir a unha retrospectiva da súa obra. Os capìtulos de Elaine adulta intercálanse cos da súa infancia. Ao comezo lembrei esoutra historia marabillosa doutra escritora, Muriel Burbery. A mesma estructura narrativa e case idénticos personaxes principais: unha nena e unha muller adulta. A diferencia é que na obra da Atwood as dúas son a mesma persoa. A vida da nena non é unha historia feliz. A maior parte da súa infancia desenvólvese nun pechado círculo de "amigas" no que Eleine é a parte débil, o obxecto de burla e desprezo. Trátase dun magnífico retrato do acoso escolar (por favor, non digades bullying, cos neoloxismos axudamos a agochar os problemas) que malia todo o que nos mintan, nin é novo nin é máis cruel hoxendía. Facede unha proba. Xuntádevos cos colegas e lembrade aqueles lonxanos días da escola ou do instituto. Cando vos ceibaron dun valado por non querer bicar a aquel monstro coa cara chea de grans, ou cando mallastes naquel neno raro que ademáis tiña o feo costume de "chivarse" das vosas falcatruadas, ou lembrade aquela nena que non tiña con quen xogar e sentaba soíña no chanzo do patio. Ollo de gato ten a extraordinaria capacidade para reproducir eses episodios de maltrato, acoso, abuso, ou como lle queiramos chamar, que moitos de nós cometimos, sufrimos ou miramos de lonxe con esa mestura de medo e mágoa que produce a impotencia fronte a unha grande inxustiza. Penso que este é o verdadeiro valor do libro. Abre unha porta que xa semellaba fechada para sempre. Pasoume en moitos parágrafos, de súpeto unha historia que me levaba á miña infancia e que se desenvolvía como unha versión paralela da historia de Elaine e éntranche gañas de escribir a túa propia biografía, saír á caza desas lembranzas que veñen de cobrar vida e ameazan por esmorecer outra vez, e cicais para sempre. Gústame Margaret Atwood porque é unha valente e os seus personaxes non son eses seres planos ou como moito bidimensionais que pasean indiferentes polo mundo real. Os personaxes de Atwood adoitan ser mulleres e homes conscientes de ser eso, mulleres e homes. Son seres que pensan e adoitan ladear a cabeza, dar unha volta, contar ata dez ou colocar ben as gafas antes de abrir a boca. Paga a pena escoitalos. Seguiremos coa Atwood.

POST EN ESPAÑOL

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Apuntámolo para o peto, dona Ana. Son amiga da Cronopia neoiorkina e blogueira de xoguete, aínda comenzando e aprendendo moito de xente coma ti, xa que ademáis somos colegas de profesión.
Un bico e se che recordou a La elegancia del erizo (que recentemente rematei)xa é unha garantía

Sigrid

Ana Bande dijo...

Bonitos palabros, sigrid, e encantadísima de "coñecerte", si, unha cronopia faloume de ti e como eses seres fantásticos non minten nunca seguro que és cando menos unha boa fama...je...je...vou para túa casa que creo que estás de inauguración ¿non si?

Ana Bande dijo...

sigfrid...non dou metido os comentarios no teu bló, así que déixoche aquí o que quería dicir no teu derradeiro post:

Primeiro, benvida ao deserto do real, xa sabes, Matrix, Slavoj, etc. Porque, esto é o real. O que acontece tralos fíos invisibles de memes, átomos, ceros, uns, offs, ons, nanomateria e neuronas virtuais. Precioso texto Sigfrid. Hai que retomar "o tema", sen dúbida. Lembro moito eses días, as rúas de Santiago nas que todos eramos irmáns ao berro de NUNCA MÁIS, o xentío no obradoiro e os colegas que ceibaron aos políticos de turno colgados duns globos xigantes...os milleiros de fotos...os centos de libros...os millóns de artigos...unha euforia colectiva no que un pobo cría que estaba a tomar as rendas do seu futuro...e outra vez moi pronto os raposos chuchasangues do sistema que se alimentan do sangue do seu irmán morto...outra vez o ridículo, os orzamentos desviados para mercar ladrillos...a mesma merda pasando outra vez diante do teu nariz, os mesmos na foto, e os traballadores, os voluntarios e a xentiña boa de verdade na súa casa, cunha enfermidade de máis e moitas ilusións de menos. Así é. Vou na procura dese libro. Apertas!!

Ana Bande dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.